Inicio > Escalada clásica ou de autoprotección > Pidal – Cainejo, Picu Urriellu. 12 de setembro de 2009.

Pidal – Cainejo, Picu Urriellu. 12 de setembro de 2009.

2009 Setembro 13

Fotos de Pidal – Cainejo, Picu Urriellu. 12 de setembro de 2009.
Obxectivo:
Pidal – Cainejo (Picu Urriellu – Macizo Central de Picos de Europa).

Tipo:
Escalada en roca, en terreo de aventura.

Estilo:
Escalada clásica con algúns cravos en reunións e itinerario.

Percorrido e dificultade:
7 longos dos que o 3º faise camiñando, e tra-lo último queda unha trepada ata a cima.
D (V-). IV-, IV, II, IV+, V-, IV+, IV, II. Itinerario en diagonal ascendente nos 2 primeiros longos, logo un tramo desencordado e os restantes tramos resultan moi evidentes pola cheminea.

Data:
12/09/2009.

Participantes:
Mundi e eu.

Acceso/Base/Punto de partida:
Refuxio da Vega de Urriellu. Algo máis dunha hora pola Canal de la Celada ata o hombreiro.

Horario:
Algo máis de 7 horas. Comezo da vía sobre as 10:30 h. e remate ás 17:50 h.

Lonxitude/Desnivel
Uns 500 m.

Descenso:

Descenso polos rápeles (3) da cara Sur.

Material necesario:
2 cordas de uso en doble (60 m. c/u), friends, entaladores e drizas.

1ª ascensión:
Primeira da vía e da montaña o 5 de Agosto de 1904 por Pedro Pidal e Gregorio Pérez “El Cainejo”. O descenso realizárono polo mesmo itinerario.

Advertisements