Inicio > Escalada clásica ou de autoprotección > Espolón Pioneros – Peña del Pincuejo. 12 de outubro de 2009.

Espolón Pioneros – Peña del Pincuejo. 12 de outubro de 2009.

2009 Outubro 13

Fotos de Espolón Pioneros – Peña del Pincuejo. 12 de outubro de 2009.Espolón Pioneros (MD inf, V, 120 m).

Obxectivo:
Espolón Pioneros (Peña del Pincuejo – Caldas de Luna).

Tipo:
Escalada en roca, en terreo de aventura.

Estilo:
Escalada clásica con reunións equipadas con parabolts.

Percorrido e dificultade:

MD Inf. III+, V/V+, V+, V. Caliza de boa adherencia, con moi xenerosos agarres. Itinerario bastante evidente por cerca do borde da arista. As reunións están equipadas con parabolts e cadea, así como os pasos máis difíciles tamén teñen parabolts protexendoos.

Data:
12/10/2009.

Participantes:
Mundi e eu.

Acceso/Base/Punto de partida:
Dende Villasecino, achegámonos ata o barrio de arriba de Caldas de Luna, onde deixamo-lo coche e en 5 minutos camiñando hacia a entrada da evidente garganta, chegamos ó pé de parede.

Horario:
Case 3 horas e media. Comezo da vía sobre as 10:10 h., remate ás 12:50 h., e logo de rapelar chegamos ó pé da vía ás 13:30 h.

Lonxitude/Desnivel:
110 m. 4 longos.

Descenso:

Descenso en 2 rápeles pola mesma vía.

Material necesario:
2 cordas de uso en doble (60 m. c/u), friends, entaladores e drizas.

1ª ascensión:

Gonzalo Menéndez, Luis Álvarez e Francisco J. Martín. En data descoñecida.

Máis información desta vía na Peña del Pincuejo:

 

Advertisements