Inicio > Alpinismo, Neve > Trevinca (acceso dende Sanabria). Prácticas co CAM. 30 e 31 de xaneiro de 2010.

Trevinca (acceso dende Sanabria). Prácticas co CAM. 30 e 31 de xaneiro de 2010.

2010 Xaneiro 31

Fotos de Trevinca (acceso dende Sanabria). Prácticas co CAM. 30 e 31 de xaneiro de 2010.

Xornadas de prácticas en técnica de manexo de crampóns e piolet, como preparación para a saída ó Atlas.
Pernoctamos no refuxio San Bernardo que a AMZ (Agrupación Montañera Zamorana) ten en San Martín de Castañeda (Zamora).
Ó día seguinte subimos nos coches ata o aparcadoiro ó final da estrada. Durante o camiño tivemos que recuar e agardar ó paso da quitaneves, porque a estrada era impracticable nos últimos metros antes de chegar ó aparcadoiro. Tivemos sorte porque cando volvíamos cruzámonos con ela, así que non perdimo-la mañá.
Cando chegamos cos coches ó aparcadoiro, o día seguía a ser moi ventoso e frío, así que logo de abrigarnos ben, fumos ata a lagoa de los Peces -que estaba conxelada- e ó seu carón Ángel e Jou dirixiron as prácticas.
Logo dimos un paseo circular e regresamos antes do anoitecer para cear e xa ó día seguinte decidimos volver cando empezou a chover pola mañá.

Advertisements
Categorías:Alpinismo, Neve Etiquetas: