Inicio > Escalada deportiva > Valdehuesa (León), 31 de xullo de 2010.

Valdehuesa (León), 31 de xullo de 2010.

2010 Xullo 31

Fotos de Valdehuesa (León), 31 de xullo de 2010.
De camiño ós Pirineos, Marga, Mundi, Beni e eu fixemos un alto para escalar en Valdehuesa. Esta zona de escalada deportiva é unha franxa caliza dunha altura non superior ós 40 metros cunha orientación sur que fai que poida escalarse todo o ano, aínda que en verán a calor pode facerse insoportable nas horas centrais do día. O sector da Collada é o último que ten sol en inverno e o primeiro en ter sombra en verán.

Pódese obter máis información nos Croquis das vías de escalada de Valdehuesa que se atopan na web de Cristino Torío e nun enlace de Scribd.

Debemos ser coidadosos cos prados que están ó pé das vías, pois son particulares e os usan para herba do gando.

Hai un restaurante e auga nunha fonte á entrada do pobo de Valdehuesa.

En Boñar, a uns 8 Km., hai comida e todo tipo de servizos, incluído un cámping municipal, El Soto, moi barato (10 Euros por día con independenza do número de persoas, tenda, coche ou uso ou non da auga quente nas duchas). A comida no albergue anexo é boa e abundante.
Para chegar á parede, débese de colle-lo desvío a Boñar da estrada León-Valladolid, continuando en dirección ó Porto de San Isidro; xusto antes do encoro hai unha desviación á esquerda que nos leva a Valdehuesa. Un km antes do pobo xa se ven as paredes a man dereita.

Advertisements