Inicio > Escalada deportiva > Pancorbo (Burgos), 9 de agosto de 2010.

Pancorbo (Burgos), 9 de agosto de 2010.

2010 Agosto 9

Fotos de Pancorbo (Burgos), 9 de agosto de 2010.

Pancorbo é unha localidade burgalesa entre Briviesca e Miranda de Ebro, na que hai unha pouco visitada zona de escalada de roca caliza.

Pódese durmir no camping El Desfiladero, un par de Km. antes de Pancorbo (tamén ten restaurante e hostal).
Hai un par de hostais na estrada Nacional á altura da localidade e varias casas rurais no interior do propio pobo, así como outro camping un pouco despois en dirección a Miranda de Ebro.

Desfiladeiro de Pancorbo nun número da Revista Pyrenaica de ¿principios dos 90?Os únicos croquis que hai fixoos o Club Mirandés de Montaña e xa non se atopan en ningún lugar. Tamén apareceron nun exemplar da revista Pyrenaica de ¿principios dos 90?. No Bar anexo ó polideportivo e no do camping, teñen sendos cadros con fotos destes croquis, pero tanto nun lugar como noutro non dan ningunha información. Ademais -non sei se é o carácter xeral dos pancorbinos/as ou se é que o meu aspecto non lles gustaba-, moléstalles que se lles pregunte e se fotografíen os croquis.

Tamén pode que o carácter huraño dos/as paisanos/as se deba ó entorno, xa que aínda que o desfiladeiro é un lugar fermoso, o feito de que por el discurran a autovía, a estrada nacional e o camiño de ferro do tren, teñen un gran impacto negativo no ambiente. Ademais do continuo ruído que día e noite chega a tódolos rincóns, o propio pobo está rodeado e atravesado por estas vías de comunicación que estragan o seu encanto.

Nós fumos ó camping El Desfiladero, que é un lugar totalmente decadente no que os seus residentes viven en módulos e caravanas fixas acondicionadas ó logo do tempo ata convertirse en practicamente vivendas habituais.

É un lugar que pode chegar a ser tétrico e no que a pantasma das canillas brancas pasea entre as tendas nas noites de néboa… -uuuuuuuuh-

Advertisements