Inicio > Escalada deportiva > Galiñeiro – Vigo (primeira trepada en rocha de Guille), 27 de agosto de 2010.

Galiñeiro – Vigo (primeira trepada en rocha de Guille), 27 de agosto de 2010.

2010 Agosto 31

Fotos de Galiñeiro - Vigo (primeira trepada en rocha de Guille), 27 de agosto de 2010.Guille ten 4 anos e é un pícaro moi espilido que xa tiña practicado a “escalada arbórea”, baixo a supervisión do seu pai, que quere asegurarse de que non perda ton muscular antes dos coarenta 🙂

Dado que xa contaba cunha preparación previa acorde coas dificultades coas que se ía enfrontar, Beni, Teri e eu acompañámo-lo ó Galiñeiro para que tivera o seu primeiro contacto coa rocha -profesionalmente falando, claro-.

Como non podía ser doutro xeito, o rapaz non se fiou e, tal e como se aprecia na foto, revisou que todo estivera ben colocado e asegurado antes de poñerse mans á obra.

Trepar, trepar… non é que trepara moito… pero hai que ver que ben o pasou colgando da corda. – Sen presa, que aínda lle queda moito tempo para ir aprendendo.-

Advertisements