Inicio > Escalada deportiva > Baroña (Porto do Son, A Coruña), 10 de setembro de 2010.

Baroña (Porto do Son, A Coruña), 10 de setembro de 2010.

2010 Setembro 10

Fotos de Baroña (Porto do Son, A Coruña), 10 de setembro de 2010.Seica fai calor nestes acantilados á beira do mar, pero como nós xa chegamos tarde non o puidemos comprobar.

Precioso lugar para pasa-lo día e darse un refrescante chapuzón no verán cun puñado de vías detalladas nos croquis que un dos seus equipadores, Xosé M. Buceta, fixo xa fai algúns anos. Agora  pódense atopar na sección de croquis do blogue cantilorg -porque o enlace de conunpardegatos non vai-.

As vías, aínda que variadas, en xeral son curtas e adoecen de continuidade, ademais de ter algunhas reunións e chapas non moi axeitadamente situadas -na miña humilde opinión-. Por elo, esta zona pode servir para pasar un día de alternancia entre baño e escalada sen demasiada esixencia ou para variar e “quitarse o mono” de escalada cando non dispoñamos da oportunidade de visitar otros lugares.

Para chegar ás vías do sector principal hai que aparcar xunto o bar no que empeza o camiño para ir ó castro de Baroña, pero logo desviarse á dereita antes de chegar a el, para seguir por unha senda pegada a un valo uns 10 minutos.

Advertisements