Inicio > Difusión/Divulgación, Montañismo > Modalidades de seguro da licenza federativa de montaña 2010

Modalidades de seguro da licenza federativa de montaña 2010

2010 Novembro 30

Aínda que a Federación Galega de Montañismo non actualizou a información das licencias federativas para o ano 2011, eu xa pedín ó meu Club que vaia tramitando a miña en canto sexa posible para estar asegurado  dende o comenzo do ano.

Dado que as vacacións do Nadal son propicias para saires á montaña  e que estas coinciden co cambio de ano, e bastante fácil que un se despiste e esqueza face-los trámites para federarse antes do período vacacional. Así que, para asegura-la vixencia do seguro, antes do remate do ano, hai que ser previsor e tramita-la nova licencia con suficiente antelación para que non se atope un coas oficinas pechadas.

Supoñendo que non vaia a haber cambios nas aseguradoras contratadas nin nas súas coberturas, este ano subscribirei a póliza da MGD, en lugar da de ASEFA, porque ten mellores coberturas e incluso, no meu caso, sae máis barata:

  • Se se pensa ir ós Alpes ou a Marrocos:

A modalidade B2 (toda Europa e Marrocos) da MGD custa  91’35€ fronte ós 133’17€ da modalidade D de ASEFA.

  • Se non se pensa saír da Península Ibérica (salvo a parte francesa dos Pirineos ou a Andorra):

Sen pasar dos Pirineos, si que compensaría coller a modalidade C de ASEFA 79’53 (que non cubre Alpes nin Marrocos), en lugar da modalidade B2 da MGD.

  • Se se vai saír de Europa:

Para os que pensen visita-los Andes ou o Himalaia, tamén sería millor coller a modalidade B3 da MGD, que cun custe de 119’20€, ofrece millores coberturas e moito millor prezo que as equivalentes modalidades D (133’17€) e E (611’10€) de ASEFA.

A única pega estaría se se quere ir ós Estados Unidos de América ou Canadá, xa que eses lugares non están cubertos pola MGD (¿? non sei porqué…), así que supoño que habería que subscribir un seguro específico para viaxar por ahí…

Elaborei unha táboa resume dos seguros da federación 2010 que contén os datos proporcionados pola Federación para o ano 2010, e que pode servir de referencia ata que publiquen a información correspondente ó vindeiro ano 2011.

En todo caso resulta moi significativa as notables mellores garantías que ofrece a MGD, frote a ASEFA, xa que en tódolos casos, os gastos de rescate está incluídos e a asistencia médica é ilimitada.

Pola contra, ASEFA ten unhas cantidades moi reducidas para os gastos de rescate (hai que pensar que un helicóptero de rescate, só por despegar, pode cobrar 3.000€; incluso faláronme dalgún rescate en Francia, en que coa mobilización do persoal e demáis, chegaron a facturar os 140.000 €) e a asistencia médica está limitada, o que implica que serán por cargo do accidentado os importes que superen os topes establecidos (así que é millor que un teña unha boa tarxeta de crédito se che pilla unha desgraza polo mundo adiante…).

 

Advertisements