Inicio > Escalada deportiva > Valle de Lago, Somiedo (Asturias), 16 de maio de 2011.

Valle de Lago, Somiedo (Asturias), 16 de maio de 2011.

2011 Maio 16

Fotos de Valle de Lago, somiedo (Asturias).Escalada deportiva en Valle de Lago, Somiedo.

Perto de Pola de Somiedo está este precioso val no que se equiparon varias vías de escalada deportiva, principalmente nunha característica placa de rocha branquecina, xunto ó pobo de Valle de Lago.

A escola está formada por 3 paredes de caliza, en placa, cunhas 20 vías de diferentes grados de dificultade (entre IV+ e 7b+), entre as que hai varias de moita lonxitude (ata de 28 m). É un lugar moi agradable para pasar un día de escalada, aínda que a súa orientación ó Sur, non as fai moi recomendables para os días de calor. A rocha é bastante xenerosa en agarres, pero se queremos colaborar co coidado das víasé recomendable levar algo para limpar de terra e herbas, algunhas posibles presas.

Dos 3 sectores, estivemos escalando no principal, por se-lo de maior número de vías (os outros dous teñen 2 e 3 vías respectivamente. Pódense obte-los croquis na web do camping Lagos de Somiedo, no mesmo pobo, e na web de El Maquis.

Ademais do camping, tamén hai casas rurais, e pódese comer e tomar unha sidriña ou cervexiña no Bar-Restaurante Casa Cobrana (que tamén é hostal).

As vías están xunto ó pobo, polo que apenas uns minutos separan as paredes da barra do bar e da mesa das fabes ;-). Carmela, Quique, Mundi e eu pasamos un par de noites algo indixestos logo de quitarno-los gatos e poñerno-las botas…

Advertisements