Inicio > Alpinismo, Escalada clásica ou de autoprotección, Montañismo > Curso de autorrescate da EGAM (Escola Galega de Alta Montaña), 25 e 26 de xuño de 2011.

Curso de autorrescate da EGAM (Escola Galega de Alta Montaña), 25 e 26 de xuño de 2011.

2011 Xuño 27

Fotos de Curso de autorrescate da EGAM (Escola Galega de Alta Montaña).Curso de autorrescate da EGAM (Escola Galega de Alta Montaña).

Durante a fin de semana estiven nun interesantísimo curso de autorrescate realizado pola Escola Galega de Alta Montaña (EGAM) no monte Galiñeiro (Vigo).
O obxectivo era coñecer e aplica-las técnicas para realizar, con seguridade e de xeito autónomo, as manobras necesarias para poder rescatar, evacuar ou, alomenos, colocar nun lugar máis seguro, ás persoas accidentadas durante a práctica da escalada e do alpinismo, utilizando só o material típico de cordada.
Durante o curso repasamo-lo material básico de rescate, os nós fundamentais (oito, dinámico, ballestrinque e machard), a técnica de progresión por cordas fixa, as técnicas de rápel e de remonte con persoas a evacuar, polipasto e a técnica de rescate do/a primeiro/a de cordada.
Os oito participantes no curso estivemos baixo a supervisión de dous profesores da EGAM, Luis e Iván, que non só nos explicaron como actuar ante situacións de accidente en diferentes escenarios de rescate, senón que tamén responderon ás nosas dúbidas e corrixiron algúns dos nosos erros habituais e malos costumes.
As conclusións obtidas no curso é que no caso de verse nunha situación que precise do uso de técnicas de autorrescate, aínda que teñamos claro ós pasos a seguir, hai que armarse de paciencia porque cada maniobra esixirá moitísimo tempo e considerables esforzos. Asemade, os contidos vistos son notablemente complexos e dificilmente seremos quen de aplica-los salvo que os repasemos regularmente, xa que esixen de moita práctica para ter claro a secuencia de pasos de cada técnica.
Pero agora, o mellor sería que nunca nos fixeran falta… 🙂

Advertisements