Inicio > Escalada clásica ou de autoprotección > Arête des Papillons á l’Aiguille du Peigne (macizo do Mont Blanc, Alpes franceses), 15 de xullo de 2011.

Arête des Papillons á l’Aiguille du Peigne (macizo do Mont Blanc, Alpes franceses), 15 de xullo de 2011.

2011 Xullo 15

Fotos de Arête des Papillons á l'Aiguille du Peigne (Macizo do Mont Blanc, Alpes franceses).Arête des Papillons, (D, 250 m.), en l’Aiguille du Peigne (3.192 m.)

Unha vez recuperados en Chamonix; para a nosa última actividade nos Alpes collimos billete de ida e volta á 1ª parada do teleférico da Aiguille du Midi, e dende aí, en apenas unha hora xa estábamos no comezo desta coñecida vía de escalada clásica en rocha.

Non atopei croquis, así que poño de seguido uns enlaces:

Manu decidira face-la coas botas ríxidas, namentras o resto puxémono-los pés de gato (agás Mundi, que decatouse aló mesmo de que perdera os seus de camiño, así que -moi ó seu pesar- non lle quedou outra que tirar tamén con bota ríxida). Aínda que a escalada é por granito limpo de neve ou xeo, nas mochilas cargamos cos crampóns e piolet, xa que no descenso cabía a posibilidade de ter que atravesar algún neveiro.

Ó tratarse dunha vía clásica moi coñecida e asequible, tamén aquí atopámonos con numerosas cordadas, polo que as colas e os adiantamentos foron constantes.

Manu e Aviñoá foron por diante nosa e rapidamente os perdemos de vista. Pero como Mundi e máis eu íamos demasiado lentos e temíamos atoparnos con algún lugar que superase a nosa habilidade, pensamos que o millor sería retirarnos; así que cando atopamos unha aparente liña de rápeles para abandoa-la vía, deixámo-la e regresamos á estación do teleférico a esperar polos outros dous, para baixar todos xuntos.

Namentras, Manu e Aviñoá chegaron ó cumio e estivero 3 horas agardando por nós, antes de descender xusto a tempo para non perde-lo último teleférico.

Xa reunidos de novo os catro, baixamos a Chamonix e aloxámonos na nosa última noite no Chalet ski station, que era notablemente peor (as duchas pagábanse aparte e eran por tempo limitado, para cociñar tiña peores fornelos, aínda que o comedor era moito máis grande, …) que o Gîte le Chamoniard Volant, no que nos aloxáramos anteriormente.

E ós dous días seguintes… o regreso a Galiza. Pois iso… longo… e canso…

Advertisements
Os comentarios están pechados.