Inicio > Difusión/Divulgación > Boletín informativo da Federación Galega de Montañismo. Cumes nº 1. Revista dixital. Ano 2011.

Boletín informativo da Federación Galega de Montañismo. Cumes nº 1. Revista dixital. Ano 2011.

2011 Xullo 31

Xa facía varios anos dende a publicación do último Cumes, o Boletín Informativo da Federación Galega de Montañismo, que empeza a súa terceira época, agora en formato dixital.

A publicación do seu primeiro número foi no ano 1987, e a edición do último foi no 2005, cun total de 37 exemplares impresos que preceden ó presente número 1 que agora só se distribúe en formato dixital.

Esperemos que nesta nova andaina, tanto o boletín como a páxina web da Federación aporten algo de transparencia á súa xestión.

En todo caso, deste número caben destaca-los seguintes artigos:

  • A ascención ó cume de Norteamérica, o McKinley, por Roberto López e Abel Alonso.
  • Lembranza dun referente da montañismo galego, Constancio Veiga, “Chito”, tra-lo seu falecemento este mesmo ano, ós 79 anos de idade.
Advertisements