Curso de escalada artificial da EGAM (Escola Galega de Alta Montaña), en Budiño, o 9 e 10 de outubro de 2011
Curso de escalada artificial da EGAM (Escola Galega de Alta Montaña).
Durante a fin de semana estiven nun interesante curso de escalada artificial realizado pola Escola Galega de Alta Montaña (EGAM) en Faro de Budiño (O Porriño).
O obxectivo era ser capaces de encabezar unha cordada empregando a técnica de escalada artificial en percorridos de dificultade non superior a A2/C2.
Durante o curso repasamo-lo material de escalada artificial, nós, a técnica de progresión con estribos (estribos, probadores, fi-fi), a montaxe de reunións (triangulacións), tipos de seguros (fisureiros, friends, cravos, plomos, ganchos), emprazamento e proba de seguros e a técnica de ascenso coa corda fixa (jumars, dobre corda…).
Os catro participantes no curso estivemos baixo a supervisión dun profesor da EGAM, Alfonso, e aplicámonos moito en aproveita-los seus coñecementos e experiencia 😉
Gradación das dificultades:
- http://www.barrabes.com/revista/tecnica-y-practica/1-2988-p3/escalada-artificial-graduacion-dificultades.html
- http://es.wikipedia.org/wiki/Graduaci%C3%B3n_de_dificultad