Inicio > Escalada clásica ou de autoprotección > Luna de Lobos, Peña de Rabanal, 31 de outubro de 2011

Luna de Lobos, Peña de Rabanal, 31 de outubro de 2011

2011 Outubro 31

Fotos de Luna de Lobos, Peña de Rabanal de Luna (Valle de Luna, León).Luna de Lobos MD inf (V+), na Peña de Rabanal de Luna.

Aperturistas:
Carlos Bra, Miguel A. García e Jose M. Fernández, rematárono o 20 de maio de 2002.

Resumo:
Uns 240 m. repartidos en 5 longos con algúns pasaxes de adherencia por placa e fendas. Equipamento con parabolts en tódalas reunións , agás a 4ª. Tamén hai parabolts para protexer tódolos pasos clave.

Dificultade:
V+/6a, V+, IV+, II, V+. O tramo quinto longo faise practicamente camiñando sen necesidade de ir encordados.

Material necesario:
2 cordas de uso en dobre (60 m. c/u), 3 ou 4 friends e entaladores medianos, algúns cordinos para pontes de roca, e demáis equipo de escalada de autoprotección.

Cordada:
Beni e eu

Punto de partida:
Deixamo-lo coche, xunto á primeira casa na estrada, logo de pasa-la Ermita de Pruneda en dirección a Sena de Luna. Dende ahí, vaise pola beira dereita da estrada cara á ermida, pero só uns poucos metros, xa que logo de pasa-lo cartel que indica o final de Rabanal de Luna, metémonos campo a través cara á Peña por unha forte pendente. En 30 ou 40 minutos chegamos á base da vía.

Noite intermedia:
Durmimos no refuxio da Federación Galega de Montañismo, en Torrebarrio.

Desnivel e horario:
Unhas 3-4 horas, para escala-los 240 m. da vía, 40 minutos de aproximación e outros 40 de descenso.
O descenso faise polo lado oposto do ascenso, arrodeado a Peña, cara á Ermita de Pruneda.  Primeiro seguindo a evidente e amplia canle, pero xusto onde se estreita hai un cortado, polo que aí débese seguir polos canchales do lado dereito.

Comentarios:
O inicio da vía recoñécese por un parabolt a uns 3 m. do chan, e un cordino nunha ponte de rocha, á altura do chan, para que se ancle quen asegure.

O comezo do último longo é xusto por un evidente estreito espolón ou pilar, conformado por dúas fendas verticais (moi visibles dende lonxe) que o protexen a cada lado, e que está na vertical dunha sabina que queda uns metros máis abaixo.


Croquis:

  • No libro de Miguel Ángel Adrados: Cordillera Cantábrica, Escaladas Selectas en roca.
  • Hai unha boa descrición detallada da vía, e con fotos a vía sinalada na web de vertical.lacoctelera.net.
  • Posteriormente atopei outras detalladas descricións en: foropicos.net e foropicos.net.
  • Tamén hai unha boa foto co croquis da vía na web lacruzdeferro.com.
Advertisements