Inicio > Escalada deportiva > Caída do piñeiro da vía Pinos, en Faro de Budiño (O Porriño).

Caída do piñeiro da vía Pinos, en Faro de Budiño (O Porriño).

2012 Maio 1

Fotos da caída do piñeiro da vía Pinos en Faro de Budiño (O Porriño).
Coidamos que debeu de se-lo día 16 de abril de 2012, cando caeu o piñeiro da primeira reunión da Pinos, en Budiño.

Pois iso, menuda sorpresa, porque o piñeiro seco co que compartía a fenda, segue no seu sitio, pero o que estaba vivo, non aguantou a seca dos últimos meses e, co vento da pasada semana acabou caendo.

Segundo nos Contou Manolo de Lis, seica fai uns días escalando a vía pareceulle que o piñeiro “engordara” porque ó chegar a el e agarrarse á súa base onde outras veces só lle entraban os dedos, resultou que entón podía collerse con toda a man. Claro que agora que caeu, xa entendemos que o que pasaba era que estaba saíndose da fenda…

Subín unhas fotos que fixen a pasada fin de semana onde xa só se ve o piñeiro seco, que pese á súa mala pinta, todavía segue ben empotrado na fenda. Probablemente este acabe rompendo apodrecido e seco, en vez de saírse da fenda como lle pasou ó outro.
Un par de fotos de cando aínda non caera o piñeiro:

Advertisements
Categorías:Escalada deportiva