Inicio > Escalada deportiva > Encoro do Eume. Curso de Beni na EGAM (Escola Galega de Alta Montaña), escalada de varios longos en vías equipadas. 26 e 27 de maio de 2012.

Encoro do Eume. Curso de Beni na EGAM (Escola Galega de Alta Montaña), escalada de varios longos en vías equipadas. 26 e 27 de maio de 2012.

2012 Maio 27

Fotos de Encoro do Eume. Curso de Beni na EGAM (Escola Galega de Alta Montaña), escalada de varios longos en vías equipadas. 26 e 27 de maio de 2012.Na edición deste ano do Curso de escalada en vías equipadas de varios longos, realizado pola EGAM (Escola Galega de Alta Montaña), inscribiuse Beni, así que Mundi e eu aproveitamos para achegarnos ata ó Eume durante a fin de semana para escalar no sector de La Cantera.

Pese a que o tempo estivo bastante inestable, o Sábado escalamos algo aproveitando os intervalos de sol entre choivas, pero o Domingo xa non fixemos nada porque estivo orballando a maior parte da mañá.

Así e todo o curso celebrouse e esa mañá dominical, mundi e eu estivemos vendo como, ás veces baixo a choiva, e sempre sobre a rocha mollada, os/as participantes do curso foron capaces de escalar os longos superiores de Mestizaxe, aproveitando a incrible adherencia do seu granito.

Lástima que no último longo a superficie da rocha estivese cuberta dunha fina cuberta de musgo ou liquen e aí si que xa os instrutores da EGAM aplicaron outras técnicas. Dende logo, Beni quedou empapada pero moi satisfeita coa experiencia.

E eu, que a verdade é que nunca pensara que se podía subir por esas placas molladas, desfrutei do espectáculo 🙂

Croquis das vías en:

Advertisements
Categorías:Escalada deportiva Etiquetas: