Inicio > Difusión/Divulgación > Exposición fotográfica en Ourense: “Escalada y Alpinismo en el Macizo del Mont Blanc”

Exposición fotográfica en Ourense: “Escalada y Alpinismo en el Macizo del Mont Blanc”

2012 Setembro 25


Exposición fotográfica 
“ESCALADA Y ALPINISMO EN EL MACIZO DEL MONT BLANC”, por Ernesto Fernández, Lucas Rodríguez e Víctor Barro.

Do 18 ó 28 de setembro na “Casa da Xuventude de Ourense” (R.Celso Emilio Ferreiro 27, Luns a Sábado de 8:30 a 14:30 e de 16 a 22 h. Domingos e festivos pechado)

_____ _____ _____ _____ _____ _____

Pódese solicita-la realización desta exposición nas salas ou locales interesados, a partir de xaneiro 2013.
Quen estea interesado/a pode contactar a través do correo electrónico:

victor.barro@fotosconletra.com

Máis información:
::::: ::::: ::::: ::::: ::::: :::::
Este é un traballo de divulgación que pretende achegar ao público os deportes de aventura na natureza, convidando a galegos e galegas a practicalos e achegando o espírito de superación e compañeirismo que os envolve.
Este traballo realizouse na expedición aos Alpes franceses levada a cabo por 3 escaladores Galegos durante o verán de 2012: Ernesto Fernández, Lucas Rodríguez e Víctor Barro.
Quere ser un percorrido por algunhas das actividades de escalada, clásica e deportiva, así como de alpinismo máis senlleiras. Dende a ascensión ao “Grand Capucin” pola vía dos Suízos ou a arista de “Cosmiques” até a escalada deportiva nas “Aiguilles Rouges” ou a vía ferrata do “Plateau d’Assy”, todas elas situadas nun espazo único e incomparable no mundo: O Macizo do Mont Blanc.
Este proxecto foi posible gracias ao empuxe e apoio do Club Alpino Manzaneda e ao patrocinio do Concello de Ourense.
Contacta cos autores a través do correo electrónico: victor.barro@fotosconletra.com
Advertisements