Inicio > Difusión/Divulgación > Proxección audiovisual “Senda Vertical: unha viaxe no tempo 1996-2011”, de Jose Juan Domínguez

Proxección audiovisual “Senda Vertical: unha viaxe no tempo 1996-2011”, de Jose Juan Domínguez

2012 Novembro 8

Proxección audiovisual “Senda Vertical: unha viaxe no tempo 1996-2011”.

 

O vindeiro Venres, 16 de Novembro de 2012, ás 20:30h, Jose Juan Domínguez, escalador do Club Montañeiros de Pontevedra A Roelo, presentará o seu audiovisual “Senda Vertical: unha viaxe no tempo 1996-2011″, na Aula Deportiva do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (rúa Padre Fernando Olmedo, 1, Pontevedra).

Durante estes 16 anos José Juan desenvolveu a súa traxectoria na vertical por diversas paredes da península e tamén do estranxeiro. Un percorrido que se inicia nas súas escolas de orixe e o levará ata as grandes paredes de Yosemite (EEUU).

A proxección levaranos moi brevemente polos seus inicios para seguidamente afondar mais nas súas viaxes internacionais, deixando para o remate, e xa mais extensamente, a súa última actividade en Yosemite no ano 2011, cando realizou unha extraordinaria ascensión en solitario ó Capitán, pola Tripla Directa, un mítico big wall do Parque Nacional de Yosemite, en Estados Unidos.

Advertisements