Inicio > Difusión/Divulgación > XIV Semana Audiovisual do Clube Alpino Ourensán

XIV Semana Audiovisual do Clube Alpino Ourensán

2012 Novembro 12

A XIV Semana Audiovisual do Clube Alpino Ourensán celébrase un ano máis en OURENSE, no Auditorio Municipal (rúa Canle, 2, Esq. rúa Emilia Pardo Bazán).

Organizado polo Clube Alpino Ourensán co patrocinio especial da Fundación Florencio Álvarez – María Teresa Estebán, e enmarcado dentro das actividades do Outono Fotográfico 2012, celébrase a XIV Semana Audiovisual do Clube Alpino Ourensán coa seguinte programación:

  • «Islandia: entre lusco e fusco», por Miriam Martínez Ferreiro e Mar Pallás Valleros. Mércores 28 de novembro ás 20.30 h.

Proxección na que esta dúas montañeiras adentrarannos nas terras altas de Islandia e amosaránnos uns dos trekking máis fermosos do mundo, que parte de Landmannalaugar e remata en Skógar.

  • «La bicicleta: otra forma de viajar», por Roberto Mateos García. Xoves 29 de novembro ás 20:30 h.

Unha sinopse de imaxes de natureza, persoas e lugares coñecidos a través do medio de transporte máis enxeñoso do ser humano. Gozaremos de paisaxes desérticas en Australia e Marrocos, grandes reservas de auga dulce en Chile e Islandia, parques nacionais en Tanzania e Arxentina. Coñeceremos grupos étnicos de Myanmar e Sumatra y visitaremos lugares emblemáticos como o Capitolio Nacional de La Habana, o campo de concentración de Mauthausen en Austria e cidades Patrimonio da Humanidade como Luang Prabang, Laos.

  • «Ascensión ao Annapurna, a montaña máis temida do Himalaia», por Sechu López. Venres 30 de novembro as 20:30 h.

O pasado 6 de maio Sechu López acadou o cumio do Annapurna, sendo o primeiro galego en conseguilo. Esta mítica montaña de 8.091 metros, situada no Himalaia de Nepal, está considerada como a máis perigosa dos 14 oitomiles. Durante a ascensión, a maioría dos alpinistas decidiron renunciar polas continuas avalanchas… pero o galego e algúns máis decidiron continuar subindo, para seguir intentando facer realidade os seus soños, chegar ao máis alto. Conseguiu acadar o cumio loitando contra as adversidades, convencido de que superar o reto era posible. Podería ser coraxe, pero necesítase algo máis, necesítase paixón.

Advertisements