Inicio > Montañismo, Neve > Ascenso ó Picón,Trevinca, dende La Baña (León), 3 de febreiro de 2013.

Ascenso ó Picón,Trevinca, dende La Baña (León), 3 de febreiro de 2013.

2013 Febreiro 3

Fotos da ascensión ó Picón, Trevinca, dende La Baña (León), 3 de febreiro de 2013.Non tiñamos moitas esperanzas de que as fervenzas de xeo de Trevinca estivesen formadas, pero así e todo achegámonos o Domingo pola mañá para ver se houbese sorte. Mar, Víctor, Pedro, Manu e eu deixamo-los coches en La Baña e ascendimos sen moita presa ata o circo onde se forman as fervenzas sobre a Laguna del Lagunallo. Cando chegamos comprobamos que efectivamente aínda lles quedaba algo para ser escalables.
Pola Pídenos Permiso corría a auga a esgalla e ás restantes da zona central faltáballes que o xeo que colgaba do aire, chegase a unirse co chan. Con este panorama decidimos subir dende aí ata o Picón.

Subimos pois polo que é ruta de descenso das fervenzas para gaña-lo cordal por riba delas e, de camiño, cáseque na crista que une El Camello co Picón, un salto de auga formou unha pequena parede de xeo que Manu escalou sen asegurar. Logo un curto paseo ata o cume e volvimos con calma ata o pobo, esperando que máis adiante, este mesmo ano, se formen as fervenzas para ter a oportunidade de “ghasta-los piolets”. 😉

Advertisements
Categorías:Montañismo, Neve Etiquetas: