Inicio > Sétimo grao > Practicar fora da rocha: escalar no panel e no rocódromo.

Practicar fora da rocha: escalar no panel e no rocódromo.

2013 Marzo 27

Está claro que o que me gusta é escalar na montaña, ó aire libre, pero non sempre ten un a oportunidade, ou se dan as condicións -climatolóxicas, sobre todo- para facelo. É o caso dos que aínda traballamos ;-| , e/ou dos que residimos lonxe da rocha, ou dos que vimos sufrindo as inclemencias deste inverno tan chuvioso que estamos tendo.

Nesas circunstancias, para mante-la continuidade na práctica da escalada non queda máis remedio que recurrir ós rocódromos ou ós paneis de entrenamento. Para ós que, coma min, non gostan demasiado dos entrenamentos, pode costar un pouco decidirse a ir e, sobre todo, face-lo con certa asiduidade, que é o que realmente o fará útil, pero en pouco tempo obteremos resultados positivos. No meu caso, dende comezos de ano tento ir dúas veces durante a semana, para “manterme” alomenos nun mínimo de forma. Polo de agora o meu propósito non é seguir unha planificación rigurosa cara a acada-lo obxectivo do sétimo grao, pero supoño que máis adinte terei que platexa-lo dun xeito máis serio.

  O panel non só permite manterse ou mellorar aspectos concretos, senón que ademais pode ser moi motivador cando danse pequenas xuntanzas de escaladores/as que se retan ou simplemente propoñen novos pasos ou problemas que intentar resolver. Durante esta Semana Santa, dado que o mal tempo non nos deixaba nin un respiro, aproveitamos un día para achegarnos polo local do Club Montañeiros Celtas, de Vigo, e pasa-la tarde no seu panel, probando algunha das vías que montaran para a II Liga Social de Escalada; o ambiente era moi bo, e a gañas de escalar inversamente proporcionais ó pésimo tempo, pero non se pode decir que saíse moi satisfeito: apenas din sequera arrancado das dúas secuencias que probei. E é que a escalada de “boulder” require de destrezas moi específicas… En todo caso, tampouco hai que olvidar que ó reducirse a dificultade a moi pouco recorrido, a esixencia dos pasos pode ser alta e é moi fácil deixarse levar pola “excitación” e sobreesforzarse nalgún lance, co risco de lesión que elo conleva.

É evidente que quédame moito camiño por diante todavía, pero a falta de rocha… panel!!! 😀

Advertisements
Categorías:Sétimo grao