Inicio > Escalada clásica ou de autoprotección > Directa Yerai (Peña de Rabanal, Rabanal de Luna, León), 11 de xullo de 2013.

Directa Yerai (Peña de Rabanal, Rabanal de Luna, León), 11 de xullo de 2013.

2013 Xullo 11

Fotos de Directa Yerai (Peña de Rabanal de Luna, Valle de Luna, León).Directa Yerai D sup (V+).

A véspera de saír de casa a escalar por Babia atopara en Internet por casualidade, a reseña desta vía na Peña de Rabanal, ó lado doutra, Luna de Lobos, que xa fixera fai algún tempo. Non tiven tempo máis que para sacarlle unha foto ó croquis na pantalla do ordenador, pero coidaba que sería de abondo, porque quedou bastante nítida e os detalles parecian suficientemente bós. O caso foi que ó cabo dun par de días escalando no Pincuejo e en Peñas del Prado, quedeime sen espazo de almacenamento na tarxeta da cámara de fotos e borrei, por erro, a foto do croquis…

Afortunadamente, no bar de Villasecino déronnos acceso á súa wifi e -con bastante traballo- conseguimos obter unha nova foto do croquis fotografiandoo na pantalla dunha PDA, co que a calidade deixaba bastante que desexar. Esa foi a razón dun erro no penúltimo longo que fíxo que en vez de pasar polo medio duns teitos, os bordearamos pola esquerda con bastante complicación. Polo demais só reseñaría que no último longo hai algún bloque solto polo que hai que ter un pouco de coidado.

Aperturistas:

Ramón Canales, en xullo de 2012.

Resumo:

A vía vai á dereita de Luna de Lobos. Só a primeira das reunións conta con dous parabolts, as restantes teñen un só parabolt, pero é posible reforzalas. Tamén hai algúns parabolts máis para protexer pasos e orientarse na parede.
Dificultade:

V+, V+, IV+, V e IV+.

Croquis da Directa Yerai. Fonte: http://www.elmaquis.net/escaladas/webesroca/rabanal-yerai.html

Croquis da Directa Yerai. Fonte: http://canalesclimb.blogspot.com.es/2012/09/pena-de-rabanal-directa-yerai.htmlL1. V+, 45 m. A vía comeza nunha longa placa rematada por un gran bloque. Nos primeiros metros hai un visible parabolt á esquerda dun arbusto e logo hai outros dous ou tres na placa ata acada-la reunión un pouco á esquerda do inicio da vía, nunha terraza de pedra solta.

L2. V+, 40 m. Sáese de fronte polas fendas de enriba da reunión ata unha placa cun parabolt por embaixo e á dereita dunha pequena árbore. Dende vaise á esquerda para atacar unha placa de adherencia con dúas chapas ata acadar unha terraza herbosa onde atópase a reunión conformada por un parabolt reforzable nunha pequena árbore.
L3. IV+, 50 m. Sáese pola esquerda ou pola dereita (nós fixémo-lo pola dereita) e séguese en dirección a unha árbore visible na vertical ata atopar unha chapa vermella coa que monta-la reunión, reforzándoa.

L4. V, 50 m. Dende a reunión séguese por placas e fendas cara a uns teitos entre os que hai un paso, ó que se chega a través dunha placa cun canalizo negro. Xusto enriba do teito está a reunión dunha soa chapa a reforzar cun microfriend.

L5. IV+, 40 m. Este último longo ascende polo pilar final, de xeito directo, e hai un par de chapas que protexen os pasos máis difíciles. Aquí hai que ter coidado co algúns bloques soltos e ó acada-la cima móntase a reunión lazando un gran bloque.

Material necesario:
>2 cordas de uso en dobre (60 m. c/u), 3 ou 4 friends e fisureiros medianos, algúns cordinos para pontes de roca, e demáis equipo de escalada de autoprotección.

Cordada:
Mundi e eu

Data da nosa ascensión:

11 de xullo de 2013.

Punto de partida:

A poucos metros da primeira casa na estrada, logo de pasa-la Ermita de Pruneda, cara a Sena de Luna está o cartel que indica na beira esquerda ó final de Rabanal de Luna, puidendo subir dende aí campo a través cara á Peña por unha forte pendente ou por unha próxima canle pedregosa. O traxecto ascende entre rochas e herbas, e logo xunto ás pedreiras, para xirar á esquerda cáseque arriba de todo para chegar ó pé de vía. Dende a estrada tárdanse uns 30 ou 40 minutos.

Noite intermedia:

Durmimos no soportal da igrexa de Villasecino

Descenso:

O descenso faise andando pola outra vertente da montaña (Norte), unha ancha canle baixa en dirección Oeste (o lado oposto do ascenso), cara á ermida de Pruneda; primeiro seguindo a evidente e amplia canle, pero na parte inferior, xusto onde se estreita hai un cortado, polo que aí débese seguir polo lado dereito a través de incómodos grandes bloques e matogueiras ata que se sae a unha zona máis despexada, dende onde xa se baixa máis comodamente ata a ermida. O descenso dura uns 40 ou 50 minutos.

Croquis:

Advertisements