Inicio > Escalada clásica ou de autoprotección > Rêveur Prostré (Ailefroide, Pelvoux, Hautes Alpes, Francia), 9 de agosto de 2013.

Rêveur Prostré (Ailefroide, Pelvoux, Hautes Alpes, Francia), 9 de agosto de 2013.

2013 Agosto 9

Fotos de Rêveur Prostré (Ailefroide, Hautes Alpes, Francia).Rêveur Prostré, máx 5c / 180 m.

Aperturistas:
Claire, Guillaume Christian  e Fred Jullien, 2006.

Resumo:
Vía pouco recomendable: falta de continuidade, algunhas rochas soltas e bloques inestables e, en xeral, bastante suxa xa que necesitamos arrancar herbas e matogueiras para meter algún seguro. Parece pouco repetida.

As reunións necesitan reforzarse e/ou montarse e tamén hai algúns parabolts e cravos para protexer pasos clave.

Había un pequeno niño de vispas no paso clave do primeiro longo e outro máis no segundo longo.

Dificultade:
5b, 5c, 5b, 5a, 5b, 5b

Material necesario:
2 cordas de uso en dobre (60 m. c/u), un xogo de friends e fisureiros medianos (só se usan 3 ou 4), algún cordino para lazar roca, e demáis equipo de escalada de autoprotección.

Cordada:
Beni e eu

Punto de partida:
Dende o pobo de Ailefroide tómase a pista indicado como a “Vallon du Sélé, Clapouse” e que tamén vai cara ó comezo da senda que vai ó refuxio Pelvoux. A uns 300 metros a pista entra no bosque e séguese por ela bordeando o camping ata o final da mesma, onde pódese estacionar. Dende aí, en vez de seguir cara ó refuxio Pelvoux, tómase unha senda que se interna no bosque en dirección ó sector Minus Palavar. Algún hito confirma que se está na senda para acada-la base da parede e a vía nuns 10 ou 15 minutos.

Noite intermedia:
Durmimos no camping municipal de Ailefroide.

Descenso:
Continúase trepando uns 100 m. máis, xa sen corda, ata o cume desta parede, situado nun pequeno cortado, uns 10 m. por riba da golada que separa ambas vertentes. Neste punto é posible destrepar con precaución (a rocha está moi rota -incluso grandes bloques aparentemente fiables- e solta), ou rapelar dun par de grandes bloques lazados por sendos cabos con maillón. Xa na golada a senda conduce ós poucos metros cara un cable no lado esquerdo que “axuda” a descender un tramo dus 20 m. máis verticais. Logo xa se suaviza a pendente e resulta máis fácil baixar camiñando poa senda cara á base da parede dende onde escomezamo-la escalada.

Descrición da vía:

Croquis da Rêveur Prostré. Fonte: http://www.escalade-aventure.com/wp-content/uploads/2013/06/escalade-ailefroide-pounche-hermine-reveur-prostre.pdfL1. 5b. A vía vai por unha visible fenda de dedos protexida por dous cravos -alomenos un deles vese dende o chan- Logo séguese con algo de tendencia á dereita para facer reunión reforzando un cravo que hai nunha repisa do lado dereito do contraforte. Esta é unha reunión moi cómoda.

L2. 5c. Súbese seguindo unha pequena fenda cara a un resalte e logo séguese pola placa ata superalo. Hai un cravo neste longo e a reunión faise comodamente en dous cravos unidos por un cabo, algo por embaixo dun pequeno teito.

L3. 5b. Sáese seguindo unha rampa á dereita e logo séguese por un pequeno diedro cara á esquerda para coller unha fenda e rematar con tendencia á esquerda por placas e resaltes. Móntase a reunión antes de pasar ó lado esquerdo (cruza la gran fenda que separa ambos lados) por onde segue o seguinte longo.

L4. 5a. Saír facendo travesía cara á esquerda para pasar ó outro lado da parede e seguir por un diedro verticalmente, continuar por placa con tendencia á esquerda e monta-la reunión -con poucas opcións de montaxe- no lado dereito dunha pequena repisa na base dun muro bastante liso.

L5. 5b. Sáese recto uns 5 m. e logo séguese en travesía á esquerda cara a un piñeiro pequeno nun diedro/fenda, ó redor do que hai vellos cordinos de anteriores reunións. Pódese reforzar lazando un bloque xusto enriba do mesmo. Neste longo debera de haber un par de cravos que non vimos.

L6. 5b. Dende o piñeiro vese claramente un diedro escalonado á dereita, ata o que se chega facendo unha pequena travesía. Por riba do diedro xa se ven un par de pequenos piñeiros a uns 30 m. cara ós que un se dirixe para monta-la última reunión neles.

Croquis:

Advertisements