Inicio > Difusión/Divulgación > XV Semana Audiovisual do Club Alpino Ourensán

XV Semana Audiovisual do Club Alpino Ourensán

2013 Novembro 8

XV semana audiovisual CAMFiel á súa cita anual, xa está aquí a XV Semana Audiovisual do Club Alpino Ourensán, que de novo celébrase na cidade de Ourense, no seu Auditorio Municipal (rúa Canle, 2, Esq. rúa Emilia Pardo Bazán).

Organizado polo Club Alpino Ourensán co patrocinio especial da Fundación Florencio Álvarez – María Teresa Estebán, celébrase a XV Semana Audiovisual do Club Alpino Ourensán coa seguinte programación:

  • «Amence sobre seracs. Alpinismo no macizo de Ecrins», por Ernesto Fernández, Alfonso González e Víctor Barro. Martes 26 de novembro ás 20.30 h.
  • «O mundo en bicicleta», por Andoni Rodelgo, Alice Goffart, Maia Rodelgo e Unai Rodelgo. Mércores 27 de novembro ás 20:30 h.
  • «Máis aló do Sifón dós Piratas (-1222 m). 10 anos de exploracións en México»,  por Kasia Biernacka. Xoves 28 de novembro ás 20:30 h.
  • «1ª Travesía Integral ás 3 Torres del Paine», por Pedro Cifuentes (mediante Skyline). Venres 29 de novembro ás 20:30 h.

Previamente, celébrase ate o 15 de novembro, unha exposición fotográfica no festival do Outono Fotográfico 2013 na que pódese desfrutar das obras participantes no Concurso de Fotografía do Club Alpino Ourensán 2013. Lugar: Liceo Recreo Ourense, na rúa Valentín Lamas Carvajal nº 9.

amanece sobre seracs«Amence sobre seracs. Alpinismo no macizo de Ecrins», por Ernesto Fernández, Alfonso González e Víctor Barro. Martes 26 de novembro ás 20.30 h.
Esta non é máis que unha historia de montaña e de montañeiros. No escenario prestado do parque nacional francés de “Ecrins”, un verán como calquera outro.

Unha historia de compañeirismo, de solidariedade e de superación. Tamén se cadra de ecoloxía e de reivindicación, unha experiencia na procura de respostas as preguntas de sempre:

Por que o frio ou a fame? Por qur soportar o cansanzo? Para que subir alí arriba? Somos se cadra soamente coleccionistas de cimas? Por que asumir os riscos de pendurarse dun fio no baleiro? Que hai nas cristas e nas cimas nas que buscamos o límite? Por que a montaña é o sitio onde nos sentimos libres?

As actividades descritas foron realizadas todas elas no Macizo de Ecrins (parque nacional de Ecrins, Francia) durante o mes de Agosto de 2013:

– Ascensión a La Barre des Ecrins.

– Ascensión á Rateau Est.

– Escalada da agulla Dibona pola via Visite Obligatoire (6A+)

– Escalada no contraforte sur da Grande Sagne, Glaciar negro pola vía Soleil Glacial (6A+/A0)

Advertisements