Inicio > Difusión/Divulgación, Montañismo > Modalidades de seguro da licenza federativa de montaña 2014

Modalidades de seguro da licenza federativa de montaña 2014

2013 Decembro 19

tarxetalicenzafgm2014A Federación Galega de Montañismo ven de abri-lo prazo para solicita-las licencias federativas para o ano 2014, aínda que non empezará a tramita-las ata o día 20 de decembro. Sería unha boa idea que abrisen os prazos a principios de decembro, por exemplo, en vez de nunhas datas tan próximas ó remate do ano, para que aquelas persoas -afortunadas- que tivesen previsto marcharse á montaña xa durante este mes e no regresar ata logo do comezo do seguinte ano, puidesen levar xa consigo a tarxeta federativa do novo ano. Hai que pensar que non en todas partes atópase xente comprensivaa co feito de que un leve unha tarxeta xa caducada e confíen en que efectivamente xa tramitamo-la súa renovación. 🙂

Ademais, hai que ter en conta que probablemente haxa algúns días durante este periodo de nadal, nos que estean pechadas as oficinas da Federación por mor de festivos e vacacións; así que ou andamos a correr nestas datas para tramita-la nova licenza ou pillaranos o touro…

En canto ós prezos e ás coberturas da nova licenza, non hai moito que salientar salvo o que de seguido indico:

  • Un incremento dun 11% (subida anticrise!) no prezo da modalidade que eu uso (no meu caso a C), pasando dos 81€ ós 90€.
  • A importante restrición que supón que aínda que durante as primeiras 24 horas despois dun sinistro (“dende a ocorrencia do accidente”) se poida acudir a calquera centro médico, pasado ese prazo, a compañía aseguradora non se faría cargo dos custes salvo que se traslade a un centro concertado.
    asistencia en centro non concertado
  • Hai un prazo máximo de 7 días para comunicar á compañía o sinistro (salvo os casos xustificables pola súa gravidade ou pola falta de medios de comunicación).
  • Os importes correspondentes a gastos de rescate en España (ata 12.000 €) e fora do territorio estatal (ata 24.000 €) parecen -a priori- axeitados, xa que por exemplo, a primeira factura emitida -con carácter informativo- por un rescate en Madrid no 2011 acadou uns 5.000 € e, en Cantabria, xa se tarificaban no 2009 os conceptos correspondentes a un rescate ou accidente. O caso é que, aínda que a factura pode sufrir moitas oscilacións, cada hora de traballos sae ó redor dos 3.000€, de acordo cos datos aportados nun artigo de El Mundo. No caso do estranxeiro, as variacións supoño que teñen que se moito maiores, pero, por exemplo, en Nepal acaban de subi-las tarifas dos rescates de emerxencia por vía aérea a uns 7.500€.

As condicións particulares desta póliza de Zurich e unha táboa resume cos prezos e cobertura, están dispoñibles na web da Federación. 

MODALIDADE A B B1 C D E OT OT1
AMBITO TERRITORIAL ESPAÑA, PORTUGAL, PIRENEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS ESPAÑA, PORTUGAL, PIRENEO FRANCÉS, ANDORRA E MARROCOS IDEM Á B B MÁIS EUROPA MUNDIAL (EXCEPTO EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.) MUNDIAL (PARA EXPEDICIÓNS POLARES E MONTAÑAS DE MÁIS DE 7.000 M.) IDEM Á B (SÓ OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO) (1) IDEM Á B1 (SÓ OUTUBRO, NOVEMBRO E DECEMBRO)(1)
DISCIPLINAS ASEGURADAS Excursionismo, Campamentos, Marchas e Sendeirismo (sen incluír a alta montaña en ningun caso) Excursionismo, Campamentos, Marchas, Sendeirismo, Rocódromo, Alpinismo, Montaña e Alta Montaña, Escalada, Barrancos, Carreiras por Montaña, Espeleoloxía, Raquetas de Neve, Esquí de Montaña, e Vías Ferratas Ídem á B máis Esquí Alpino e Bicicleta de Montaña (BTT), Snow de montaña, e Splitboard Ídem ás da B1 máis Telemark e Canicross Ídem á C Ídem á D Ídem ás da B Ídem ás da B1
Infantís (de 0 a 13 anos) (2) 15,00 € 17,00 € 22,00 € 28,00 € 40,00 € 397,00 € x x
Xuvenís (de 14 a 17 anos) (2) 30,00 € 35,00 € 41,00 € 49,00 € 72,00 € 405,00 € x x
Maiores (maiores 18 anos) (2) 51,00 € 56,00 € 64,00 € 90,00 € 131,00 € 419,00 € 37,00 € 43,00 €
(1) As licenzas OT e OT1 son licenzas tipo B e B1 só para os meses de outubro, novembro de decembro para persoas que fedéranse por primeira vez.
(2) Categoría infantil: ata 13 anos cumpridos no 2014. Categoría xuvenil: de 14 a 17 anos cumpridos no 2014. Categoría maiores de 18 a 84 anos cumpridos no ano 2014.
Advertisements
  1. 2013 Decembro 30 ás 21:30

    http://www.infominho.com/index.php/id/70/objeto/20200

    “El Servicio de Montaña de la Guardia Civil rescató a un total de 588 personas en las 234 intervenciones que llevaron a cabo en la pasada época invernal.
    Los incidentes en montaña que provocaron estas intervenciones se saldaron con un total de 29 fallecidos, 117 heridos y 342 rescatados ilesos.
    El esquí de montaña, senderismo y la progresión por terreno abrupto son donde se produjeron más rescates principalmente por sobreestimar las posibilidades, la falta de planificación de la actividad y falta de nivel técnico (inexperiencia).
    La zona montañosa del Pirineo Aragonés fue la que más incidencias registró a nivel nacional seguida del Sistema Central. Por otro lado, donde menos percances ocurrieron fue en el Macizo Galaico-Leonés.” Fonte: guardiacivil.org 23/12/2013

  1. No trackbacks yet.
Os comentarios están pechados.