Guías e manuais de entrenamento de escalada
Cando me plantexei seriamente acada-lo sétimo grao coma un obxectivo a medio prazo, empecei a buscar algún libro sobre métodos de entrenamento de escalada, e ente os primeiros que atopei (revisando na biblioteca do meu irmán) estivo un de Eric J. Hörst titulado Como Escalar Sétimo Grao -que nin pintado… pensei eu-, do que anotei algúns bos consellos e ideas sobre as que reflexionar e ir madurando pouco a pouco.
Logo lera unha pequena guía italiana da que non lembro título nin autor e, de seguido “piquei” co coñazo do Guerreiros da Rocha, de Arno Ilgner, que -digo eu- ben podía ter condensado todo o interesante en dous folios, en vez de arrodear todo de tanto misticismo só para ter material co que xustifica-la redacción de todo un libro. -Non me atrevo nin a botarlle unha ollada á segunda parte que aínda fai pouco que se publicou…-
Pero agora que xa considero que estou no momento de empezar a entrenar seguindo, con certo rigor, unha planificación e metodoloxía dun xeito máis formal, non teño moi claro que “libro de cabeceira” escoller. Gustoume bastante o que anteriormente lera de Hörst, así que estou empezando outro deste mesmo autor, o popular -aínda que xa algo vello: é do ano 1994- Como Entrenar e Escalar Mellor.
Tamén acaba de publicarse un novo libro deste mesmo escalador, Entrenamento para Escalada, que non sei se aportará melloras con respecto ó que agora estou lendo, así que non vou merca-lo polo de agora salvo que alguén mo recomende.
En fin, … que hai que escoller algún método xa…