Escalada deportiva en Hoces de Vegacervera e Aviados (León), 16 e 17 de abril de 2014
Estas vacacións de Semana Santa non tiñamos moi claro cara onde tirar dada a pouca estabilidade meteorolóxica que se prevía, así que custounos un pouco arracar cara a algún lado. Finalmente, a opción de ir ás Hoces de Vegacervera, proposta por Víctor pareceunos unha boa idea, xa que era un lugar novo para nós, cunha chea de vías e relativamente próximo á comarca de Valdeón, por onde tamén prevíamos achegarnos para botar un vistazo ás condicións de ascensión do Friero.
Mundi e eu chegamos ó camping municipal das Hoces de Vegacervera a media tarde, xusto cando rematara de chover e a tempo para ver como Víctor e Alfonso regresaban pingando logo de ter que abandoar nos últimos longos dunha vía cando se viron sorprendidos polo chaparrón que lles caiu…
Ó día seguinte, só escalamos pola mañán nas Hoces de Vegacervera, xa que pola tarde volveu a chover algo, así que decidimos achegarnos ata a cercana Aviados, onde hai outra pequena zona escola cunhas poucas e interesantes vías curtas nas que pasa-lo rato entre claros e débiles choivas.
Mundi e eu, nas Hoces, o primeiro día só fixemos os 4 longos da Eden Rock (V+), no sector da Pared de Moda, e, ó día seguinte, viu connosco Alfonso -xa que Víctor non se atopaba ben- para face só os 3 longos da recomendable vía El Filandón (6a), no contigüo sector Calorros, logo de perder bastante tempo á busca do citado sector e non podendo quedarnos máis nas Hoces, xa que quedaramos esa tarde co resto dos compañeiros en Cordiñanes para achegarnos ó Friero.
- Camping municipal das Hoces de Vegacervera: http://www.aytovegacervera.com/campingvegacervera.htm
- Mesón La Cocinona en Vegacervera: https://es-es.facebook.com/pages/Mes%C3%B3n-la-Cocinona/169007516469343
- Albergue Fuente del Oso, en Aviados.
- Tenda de alimentación na estrada principal de Barrio Estación de Matallana de Torío.
Croquis de Hoces de Vegacervera:
- Ademais do imprescindible “Cordillera Cantábrica. Escaladas selectas en roca” de Miguel Ángel Adrados, hai algunhas webs con croquis, que cito de seguido, e o concello de Vegacervera publicou unha pequena guía, da que só merece interese o plano de situación que amoso na fotografía adxunta.
- http://escaladaleon.blogspot.com.es/p/croquis-de-escalada-alpina-en-las-hoces.html
- http://roble.pntic.mec.es/ctorio/hoces.htm
Croquis de Aviados:
- Coma sempre, botamos man da guía de Miguel Ángel Adrados, “Cordillera Cantábrica. Escaladas selectas en roca”, aínda que de seguido van un par de enlaces.
- http://escaladaleon.blogspot.com.es/p/croquis-aviados.html
- http://roble.pntic.mec.es/ctorio/aviados.htm
-
2020 Setembro 9 ás 13:10Escalada deportiva preto de Boñar (León), do 9 ó 23 de agosto de 2020: Valdehuesa, Fuentes de Peñacorada, Aviados, Piedrasecha e Llombera. | Trepadas: alpinismo, montañismo, escalada e aventura
-
2016 Xaneiro 19 ás 11:42Escalada en Hoces de Vegacervera (León), agosto de 2015. | Trepadas: alpinismo, montañismo, escalada e aventura