Inicio > Escalada clásica ou de autoprotección > Mondo Difficile (Peñas del Prado, Valle de Arbas, León), 26 de outubro de 2014.

Mondo Difficile (Peñas del Prado, Valle de Arbas, León), 26 de outubro de 2014.

2014 Outubro 26

Fotos de Mondo Difficile, Peñas del Prado (Valle de Arbas, León).Mondo Difficile. MD (6b), 220 m.

Na cara SO de Peñas del Prado atópase esta vía cunha chamativa fenda de 6b á que eu nin miraría se non fora porque o Diego, cando me propuxo acompañalo, dixo que el se ocuparía dela. Así que coa tranquilidade de que o choio duro recaería sobre outro 🙂 apunteime a unha incursión tipo lóstrego de ida e volta no día, con esta vía coma obxectivo.

Resultou que non estaba tan chea de terra e vexetación como nos temíamos -así e todo ben lle chegaba…-, polo que a escalada foi bastante disfrutona; lástima que o sol pegase duro dende bastante cedo porque, como non chegamos ata media mañá a pé de vía, durante toda a escalada e descenso sufrimo-los efectos dun tórrido día veraniego en pleno outono. -Vaia tempo de tolos que temos, eh…-
Comentarios:
A vía aproveita as liñas de fendas pero están bastante suxas e con terra e vexetación. As reunións están equipadas con cravos e parabolts, e os pasos máis difíciles están protexidos con parabolts ou cravos. A situación da vía está entre a Reina Loba e a Espiña de Peixe, e o percorrido é bastante evidente, así que non é fácil despistarse.

Aperturistas:
Jose M. Fernández, Miguel Pita, José Llamas e Fernando del Guayo en Outubro de 2001.

Material necesario: 

2 Cordas de uso en dobre (60 m. c/u), algúns friends e fisureiros e demais equipo de escalada de autoprotección.

Cordada:
Diego e eu

Data da ascensión:

26 de outubro de 2014.

Punto de partida:
Deixamo-lo coche, na cuneta da estrada que vai dende Cubillas de Arbas ó túnel polo que se comunica con Aralla. Dende a estrada séguese a senda que sube ás Peñas pasando por riba dunha fonte no cauce dun regato seco. Un pouco máis arriba a senda segue o tendido eléctrico ata atravesa-la Collada Aronga, dende onde xa se dirixe un directamente á base da parede suroeste. Dende a estrada ata o pé de vía leva uns 30 ou 40 minutos.

Croquis dos rápeles cara Sur Peñas del Prado. Fonte: http://www.foropicos.net/viewtopic.php?f=8&t=13362&start=7Descenso:

O mellor é localiza-la instalación do rápel volado de 60 m. situada a medio camiño entre Lago de Luna e No hay caliza na Galiza, que nos deixaría -penduleando cara ó estremo dereito- xa nunha zona dende onde continua-lo descenso destrepando e camiñando ata a base da parede Sur das vías curtas (tamén é posible baixar más verticalmente para facer un segundo rápel, moi curto, aproveitando a primeira incómoda reunión de Senda Vertical). Outra alternativa que utilicei a anterior vez é baixar dende unha instalación que se atopa máis ó Este que nos deposita, logo duns 30 m. no lado dereito dunha cómoda terraza por debaixo dunha zona de arbustos. E dende aí, nun segundo rápel de 50 m., á zona dende onde continuar destrepando e camiñando. Hai unha boa foto descritiva en http://www.foropicos.net/foro/viewtopic.php?f=8&t=13362&start=7.

Dificultade:

III, V+, 6b, V+, V+/6a.

Croquis de Mondo Difficile (Peñas del Prado). Fonte: http://enlavertical.blogspot.com.es/2013/08/mondo-difficile-las-penas-del-prado.html

L1. III, 60 m: fácil trepada que se pode facer sen corda, ata chegar a un cravo, situado nun pequeno oco-repisa, baixo unhas placas. Móntase a reunión reforzando o cravo nas fendas laterais que o arrodean.

L2. V+, 45 m: ascéndese por fendas con algo de vexetación ata unha zona de placa lisa cun parabolt que protexe un paso de adherencia, logo séguese con algo de tendencia á esquerda ata superar un resalte protexido por un cravo, enriba do que se atopa a reunión nunha cómoda repisa cun parabolt con anela reforzable nunha fenda lateral.

L3. 6B, 35 m: un primeiro tramo fácil por fenda achéganos ata a repisilla con vexetación onde comeza a parte máis difícil da fenda, un off-width de 6b protexido con 3 parabolts. Superado este tramo continúase ata o remate da fenda nunha cómoda repisa con 2 parabolts con anelas

L4. V+, 40m: sáese con algo de tendencia á dereita cara a un visible pequeno teito nun bloque situado uns 10 m por riba da reunión, que supérase polo lado dereito para continuar por unhas gradas fáciles dende as que xa só resta superar un curto muro protexido cun par de cravos e un parabolt. A reunión está formada por dous parabolts con anelas, situada nunha cómoda repisa xusto tras supera-lo muro.

L5. V+/6a, 40m: empézase recto seguindo as fendas que por riba da reunión levan ata un muro final vertical cun tramo de pequenos agarres que resultoume moi difícil. A reunión faise en 2 parabolts con anelas situados xusto ó remate da parede.

Croquis e reseñas:

Advertisements