A todos os federados practicantes asiduos de escalada, a partir de xa poderase escalar na zona coñecida como Covas de Pardellán, previa autorización do Servizo de Conservación da Natureza de Ourense.
Aos clubes chegarán o impreso de solicitude e a información de como facer o trámite co fin de conquerir a autorización. Adiantamos nesta breve nova o impreso e información ante os grandes desexos de ir a escalar nesta atractiva e espectacular zona.
Non esquecer que escalaremos nun parque natural e en calquer momento poderase denegar a autorización por criterios medio ambientais. Tampouco poderase abrir ningún itinerario novo ou modifcar ancoraxes sen autorización previa.
Boas escaladas
Espazos protexidos en Galicia: regulación vs prohibición
A non participación/implicación de tódolos axentes sociais afectados pola regulamentación dos espazos protexidos -e, nomeadamente no noso caso, do colectivo escalador-, na redacción das normativas destes lugares, xunto coa falta de sensibilidade e coñecemento da Administración está causándonos un grave prexuízo.
Xa non é que haxa zonas con prohibición absoluta da escalada, sen razóns obxectivas que sustenten a necesidade dunha medida tan restritiva en zonas dentro da Rede Natura (non poño en cuestión as razóns de protección medioambiental e da diversidade biolóxica de sectores e períodos moi concretos), senón que aínda por riba o descoñecemento da Administración establece sistemas de control tan absurdos para a particular idiosincracia da práctica montañeira ou escalatoria, como que haxa que solicitar un permiso á Xunta cunha semana de antelación, o que na práctica exclúenos a inmensa maioría das persoas que gustásemos de ir escalar a estes lugares.
E, en contraposición coas restritivas medidas tomadas pola Xunta de Galicia contra a comunidade escaladora -tan ameazadora para o medio ambiente…-, parece que hai outras actividades que a Administración non considera tan perigosas posto que non ten reparos en autorizar dragados, encauzamentos, desmontes, explotacións de acuicultura, instalacións de produción de enerxía, aumentos da edificabilidade,… por toda a Rede Natura: esta é a aberrante política de conservación da natureza da Xunta de Galicia!
Para máis INRI, a nosa Federación nin sequera se toma a molestia de compilar e publicar de forma facilmente accesible os diferentes formatos e protocolos establecidos por cada unha destes Parques, para solicitar escalar neles. Así que, en ausencia do seu traballo, tomeime eu a molestia de xuntar a información que atopei e póñoa a disposición de todo o mundo -Federación Galega de Montañismo incluída, por se quere aproveitala…-.
Escalada en Covas.
O Parque Natural de Enciña da Lastra, foi o primeiro lugar no que se prohibiu escalar en Galicia, xa fai dilo moitos anos. Lamentablemente, dende entón nada mudou nas actitudes indolentes da Administración autonómica, nin no desleixo da Federación Galega de Montañismo, e froito dilo é a penosa situación da prohibición da escalada en lugares senlleiros desta actividade en Galicia, como son Covas, o Eume e agora tamén o Canón do Sil.
Aínda que xa sabía que existía a posibilidade de escalar nalgún sector concreto que quedaba en León (xa fóra dos límites do Parque) e que nalgún outro era necesario solicitar previamente autorización, a primeira referencia que atopei ó respecto na web da Federación, é de outubro do 2015, e nada di da situación dos sectores alleos ó de Pardellán:
”
”
O 24 de marzo de 2017, na web da FGM actualizan a información para incluír tamén os sectores de Pena Alnida e Sen Fronteiras:
- Procedemento_de solicitude
- Impreso_de solicitude de permiso para Covas de Pardellán
- Impreso_de solicitude_de permiso para Sen Fronteiras
- Impreso_de solicitude de permiso para Pena Alnida
”
Escalada en Enciña da Lastra
Vense de actualizar os formularios para solicitar o acceso ós sectores autorizados de escalada en Enciña da Lastra.
Podedes acceder ós tres formularios e ó procedemento para a solicitude no apartado de Descargas desta web.
”
Normativa relativas a Covas, Serra de Enciña da Lastra:
Escalada nas Fragas do Eume (A Coruña).
Ó respecto do Parque Natural das Fragas do Eume, en abril de 2015, atópome en Facebook co seguinte:
”
COMUNICADO DA FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO SOBRE A ESCALADA NAS FRAGAS DO EUME (A CORUÑA)
Días pasados, uns escaladores federados que estaban escalando nas Fraguas do Eume foron preguntados polos funcionarios do Parque se informaran da actividade que estaban a facer á Dirección do Parque; como ninguén sabía desa necesidade loxicamente non levaban ningún papel que acreditase a solicitude para escalar. A FGM púxose en contacto coa Dirección do Parque e este é o resultado:
A escalada non está prohibida no parque, pero para a súa práctica será requisito necesario presentar por correo-e unha solicitude que a autorice co nome completo do solicitante, DNI, teléfono de contacto e correo-e, data/s seleccionadas para escalar, sector/es de escalada, e o número de escaladores que acudiredes.
O correo-e ao que hai que envialo é conservacion.co@xunta.es, con copia ao enderezo fragas.eume@xunta.es
A día de hoxe non se producíu ningunha restricción nin sanción, pero co fin de evitar calquer malentendido e para que podamos seguir desfrutando da escalada nesa contorna, prégovos difundades esta información entre todo o colectivo.
Calquera disfunción, por favor facedeo chegar á FGM para evitar os malentendidos e anticiparnos a encontros desagradables.
”
No apartado da web da FGM non se di nada publicamente deste asunto, ¿é un comunicado interno?… Entendo pois que a situación da escalada equipárase á de Covas, na que para ir a escalar sempre hai que solicita-lo permiso (á marxe de que aló haxa sectores completamente prohibidos). Paseniñamente, se nos vai pechando o paso, pese ás “boas xestións” da nosa Federación:
”
Hoxe luns, o presidente da federación, D. Adolfo Puch, e o delegado provincial da FGM na Coruña, D. Xan Ramírez, tiveron unha reunión co director do parque das Fragas do Eume, D. Jorge Vázquez. Unha primeira reunión moi cordial para aproximar as posturas e camiñar cara ao recoñecemento e práctica deportiva dos nosos deportes no PRUX do parque.
Vos informaremos da evolución das reunións e os acordodos acadados nas mesmas, nestes momentos aún en fase de desenvolvemento.
”
Buscando por outras canles, coido que o PROCEDEMENTO DE AUTORIZACIÓN para escalar dentro do Parque Natural das Fragas do Eume, consiste en:
1.- Remitir un correo a fragas.eume@xunta.es cunha antelación de 3 a 7 días.
2.- No asunto hai que indicar: solicitude de autorización de escalada.
3.- No contido do correo hai que indica-los datos da persoa solicitante, un teléfono de contacto, o número de persoas, sector de escalada, data e hora.
Logo disto, se non se recibise resposta, enténdese que a actividade está autorizada, xa que en caso contrario o Parque comunicaría a denegación por teléfono ou por correo electrónico.
En todo caso, podedes informarvos na Oficina do Parque Natural (Esteiro, 23, Nogueirosa – Pontedeume; Tel. 981 495 580), ou no Centro de Recepción (estrada Ombre-Caaveiro, km 5; Tel. 981 432 528).
Este é un procedemento similar ó que xa fai anos que se aplica para a escalada en Covas, pero como a FGM nin o explica, nin o publica, nin o publicita na súa web, cada un ten que apañarse pola súa conta para informarse de que e porqué hai que facer un trámite ou outro… 😦 Agora que cada quen se informe pola súa conta, eh… non vaia a se-lo demo…
Normativas relativas ás Fragas do Eume:
- PORNLastra Pruxeume Borrador_V11_05012015
- As Fragas do Eume na web da Dirección Xeral de Conservación da Natureza
Escalada no Canón do Sil (Ourense).
O Canón do Sil non é un Parque Natural, senón unha Zona de Especial Protección dos Valores Naturais, por estar dentro dos espazos naturais da Rede Natura 2000.
O 19 de maio de 2016, a Federación Galega de Montañismo, publica un breve e pouco exhaustivo aviso informativo -no que é a liña habitual de traballo deste organismo- indicando que agora, tamén a escalada no Canón do Sil está prohibida sen a previa solicitude dun permiso para elo:
”
AVISO A TODAS E TODOS OS ESCALADORES GALEGOS E A OS QUE NOS VISITEN
Todos e todas as que desexen escalar nas zonas ubicadas dentro da Rede Natura, temos a obriga de solicitar de xeito oficial un permiso cunha semana de antelación ao respectivo Servicio de Protección da Natureza da provincia na que se atope o lugar de escalada.
Exemplo, canón do Sil. Hai que cubrir a solicitude de abaixo e presentar no rexistro oficial da Xunta ou directamente no Servicio de Conservación da Natureza en Ourense.
Lembramos a todos que para a práctica da escalada no Parque de Enciña da Lastra, xa temos que cumprir ditos requisitos, e os impresos de solicitude puxéronse a disposición de todos a través dos clubes de montaña.
Non esquecer unha copia da solicitude por se hai que amosala.
”
Normativas relativas Ó Canón do Sil:
Normativa relativa á Rede Natura:
DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación
-
conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba oPlan director da Rede Natura 2000 de Galicia.
- Documento de síntese d0_Plan_Director_Rede_Natura_2000