Inicio > Alpinismo > Espigüete pola cara Noreste (Palentinas – Fuentes Carrionas – León). 26 de febreiro de 2017.

Espigüete pola cara Noreste (Palentinas – Fuentes Carrionas – León). 26 de febreiro de 2017.

Fotos do Espigüete pola cara Noreste (Palentinas - Fuentes Carrionas - León). 26 de febreiro de 2017.Beni e eu chegaramos a véspera á montaña palentina, con tempo para darnos un paseo cara á base da parede Sur do Curavacas, e xuntarnos con Mundi e Marga, que descendían desta montaña fartos da solaina que tiveran que soportar durante toda a xornada; así que o plan de subir ó Espigüete á sombra, pola súa cara Norte, debeu de parecerlles moi ben… 🙂

O caso é que eu tiña unha idea diferente de cal era a cara Norte, xa que fiándome da miña volátil memoria, esbozábase na miña cachola a imaxe do circo no que se atopa a pintoresca cabana do ICONA, que realmente está na vertente Noreste, non na Norte!!! -Boa orientación a miña, eh (o circo Noreste está uns 10 minutos antes do circo Norte)- Así que cando nos chantamos no circo Noreste tentando identifica-lo corredor Norte, observando a fotografía dunha guía, algunha alarma debera de ter saltado, pero en vez diso, inmediatamente identificamos no relieve a evidentísima ruta debuxada na foto… 😀 Somos uns cracks!

Cara Noreste do Espigüete (fonte: http://foropicos.net/viewtopic.php?t=20890)Cara Noreste do Espigüete (Fonte: http://www.arasdelcielo.com/espiguete/) A nosa ruta de ascenso foi a variante Canalizos de Peña Esgalla (ruta 7c), e a de descenso a variante Canalizo Noreste (ruta 7b).Afortunadamente, a errónea ruta resultou perfectamente practicable polo que ascendimos con comodidade polas pendentes nevadas que nos levaron ata un punto da aresta NE desde o que xa albiscamo-lo que presumíamos que era o cume do Espigüete -aínda que este resultase sé-la cima Este-. Nese intre, á vista do longo traxecto que aínda nos quedaba para chegar a ese cume Este, ós meus compis empezoulles a parecer “sospeitoso” o que acababamos de facer, xa que eles lembraban que facendo o corredor Norte xa se saía á aresta moi perto do cume principal, en vez de aínda restar tanto tramo como nos atopamos nós -e iso que aínda non sabiamos que estabamos observando o falso cume, polo que logo todavía faltaba outro bo tramo de crista ata o cume principal-…

O caso é que unha vez rematada a actividade, e comprendido o noso erro de posicionamento, tiñamos curiosidade por identifica-la ruta, pero vendo os croquis e fotografías que tanto da cara Norte como da Noreste atopaba, non conseguía información nin referencias deste trazado; ata que unha desas fotos aéreas cuxa perspectiva me despistan máis do que me axudan, deume a solución, grazas a que practicamente sinalaban nela o noso percorrido exacto de ida e volta: http://foropicos.net/viewtopic.php?t=20890. Coa ruta clara, xa fun quen de identificala entre as boas fichas da guía da montaña palentina que Tente Lagunilla publica na súa web http://www.arasdelcielo.com/espiguete/, na que o ascenso figura nomeado como a variante Canalizos de Peña Esgalla da crista Este, e a ruta de baixada é a variante Canalizo Noreste.

Aresta Este pola variante Canalizos de Peña Esgalla, na cara Noreste do Espigüete.

Ruta pola arista Este da Cara Noreste do EspigüeteNa fotografía o trazo amarelo representa a nosa ruta de ascenso, e o vermello a de descenso.

  • Dificultade: III/1
  • Lonxitude: uns 900 m. de desnivel dende a caseta-refuxio (1.573 m), aínda que o percorrido real debe ser duns 3 Km ata o cume Oeste (2.451 m).
  • Material: casco, crampóns e piolet.
  • Cordada: Marga, Mundi, Beni e eu.
  • Aproximación: Pasado Cardaño de Abajo, cóllese o desvío cara a Cardaño de Arriba, para deixa-lo coche nun aparcadoiro situado no lado esquerdo da estrada (antiga zona de acampada chamada Pinollano). Continúase camiñando por unha pista que segue o cauce do Arroyo de Mazobres, para abandoala, uns 20 minutos despois, nun desvío á esquerda que leva ata o refuxio situado na base da parede (tamén hai un pequeno atallo que 5 minutos antes do devandito desvío, sae da pista e ascende oblicuamente a esta polo seu lado esquerdo seguindo uns fitos).
  • Descenso: Nós fixémolo pola mesma aresta Noreste pero retrocedendo ata o punto no que acadarámola no ascenso, e agora continuando por ela a baixada algo máis, ata tomar unha pala de neve que descende cara á base do circo. Tamén pódese baixar seguindo o mesmo itinerario de subida, ou polo corredor Norte (cunha inclinación máxima de 45º, parte da golada que separa o cume Este do cume Oeste), ou pola vía Normal da cara Sur, …
  • 1ª Ascensión da aresta Este:  Juan Díaz-Caneja, César Sobrado e Genaro, o 15 de xulloo de 1915.
  • 1ª Ascensión Invernal da aresta Este: María del Carmen Muñoz e Luis González o 29 de decembro de 1973.
  • Percorrido: En resumo, a nosa ruta, empeza dende o refuxio de ICONA, ascendendo de forma directa en dirección Sur cara á golada de enfronte, pola rampa nevada que ó aproximarse a unha franxa rochosa, vira cara á dereita por evidentes pendentes nevadas duns 40º-50º de inclinación máxima, e que ascenden de forma directa á aresta Este, bastante lonxe todavía do cume Este do Espigüete (2.444 m), polo que hai que percorrer un bo tramo da aresta para acadar este curuto, e logo aínda queda outro tramo máis para acada-la auténtica cima da montaña (2.450 m).

Máis info:

Aloxamento na zona de Velilla del Río Carrión, Palencia (Castilla y León)

Desta volta estivemos no Albergue Juvenil Sierra del Brezo, en Velilla del Río Carrión, que conta cunhas instalacións enormes, e nas que déronnos unha habitación de 4 liteiras para cada 2 persoas, a un prezo de 10€ /persoa/noite e onde puñan a calefacción pola noite e á mañá, e tiñamos duchas con auga moi quente. Recomendable, aínda que esteamos a 15′ de Camporredondo de Alba.

Velilla del Río Carrión é unha localidade grande con tendas e servicios de todo tipo. Para xantar, hai unha pizzería, La Tabla Redonda, e un par de restaurantes con menú do día e á carta: Casa Mauro e Mesón Los Faroles. Déusenos polo dispendio un par de noites, así que ceamos á carta nos dous moi ben, aínda que quedamos encantados co Mesón Los Faroles.

En Camporredondo de Alba.

Residencial Tia Goya.

Hostal, Cafetería e Mesón.

Teléfono: 979 866 032

http://casatiagoya.com/

6 habitacións, 2 dobres, 2 de matrimonio e 2 triples, todas con baño.

Mesón El Abuelo

https://es-la.facebook.com/Mes%C3%B3n-El-Abuelo-Camporredondo-de-Alba-1583855288610038/

Teléfono: 979 866 034

Ten aloxamento é restaurante.

En Triollo.

Albergue Curavacas.

Tamén é restaurante.

www.alberguecuravacas.es

Teléfono: 979 866 223

En Vidrieros.

Casa Rural Valdenievas.

2 Habitacións dobres e 1 de matrimonio

http://www.casavaldenievas.es/joo3x/index.php

Teléfono: 979 870 471

En Velilla del Río Carrión.

Albergue Juvenil Sierra del Brezo.

http://sierradelbrezo.com/albergues/contacts.php

Teléfono: 979 861 313 / 699 928 419

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s