Inicio > Difusión/Divulgación, Escalada clásica ou de autoprotección, Escalada deportiva > Xuntanza de escalada en Faro de Budiño 2017

Xuntanza de escalada en Faro de Budiño 2017

A xuntanza está prevista para o venres 5, sábado 6 e o domingo 7, de maio de 2017

  • Proxeccións
  • Competicións de parede e bloque
  • Obradoiros
  • Concertos

Preinscricións ata o mércores día 3 de maio.

Toda a INFORMACIÓN no grupo de Facebook https://www.facebook.com/groups/xunesga/

e na web de Terra http://terradeporte.es/event/xuntanza-de-escalada-faro-de-budino-2017/

Programa

  • Venres 5 de maio.
    21:15 Benvida e inauguración da Xuntanza21:30 Presentacións con proxeccións sobre escalada:

    • A Oeste de Budiño por Gon. Filmada por Gonzalo Caride
    • Escalada e sustentabilidade: Escalada Sostenible Galicia. Miguel Feijoo e Alfonso Louro
    • Escalando en Yosemite. Carlos Garrido e Luisa Méndez

 

  • Sábado 6 de maio
    9:30 Apertura da mesa de inscricións ás competicións de escalada e bloque con entrega de camiseta (ATA FIN DE EXISTENCIAS), cupón para cear e  ficha de participación ás competidoras e competidores.10:30 Inicio da competición20:30 Peche da competición e recollida das fichas para reconto.

    21:00 Publicación das gañadoras e gañadores con entrega de premios e sorteo.

    21:30 Xogos, cea e música do grupo Mostrencos.

  • Domingo 7 de maio.
    Día libre no que seguir escalando ou probando bloques.De 11:30 a 14:30 Clinic de pés de gato no campo de búlder (Boreal e Scarpa)Pola tarde procederase ao peche do evento e despedida dos participantes e acompañantes.

    Logo a organización e os voluntarios procederán a limpar e retirar todos os elementos e instalacións da zona para non deixar pegada algunha do evento, propósito que vai intimamente ligado ao da filosofía do evento e ao de escalada e sustentabilidade.

 

Inscricións

Preinscrición aberta ata o mércores 3 de maio! (PRAZAS LIMITADAS = 200)

Prezos das 3 modalidades:

1.-Inscrición federados/as anticipada: 15 €

2.-Inscrición non federados/as anticipada: 18 € (inclúe seguro de día para a competición)

3.- Inscrición federados o día da competición: 20 €

 

Para as inscricións anticipadas envía un correo a infoalud@gmail.com co ASUNTO: Inscrición Xuntanza e inclúe os seguintes datos no corpo de texto:

  • Nome completo
  • Nº licenza federativa
  • Data de nacemento
  • Club
  • Talla de camiseta

Non esquezas anexar o xustificante do ingreso pola modalidade de inscrición a nome de:

  • Grupo de Montaña ALUD
  • Nº de conta: E S 1 5 2 0 8 0 0 5 5 2 0 4 3 0 0 0 0 2 6 5 1 4

 

En caso de dúbida contacta coa organización en infoalud@gmail.com ou chama ao 6 4 9 3 4 1 1 4 3 / 6 6 9 3 4 0 7.

 

Tríptico informativo: https://www.facebook.com/groups/xunesga/?fref=ts

Tríptico informativoTríptico informativo

Información no grupo de Facebook https://www.facebook.com/groups/xunesga/ e na web de Terra http://terradeporte.es/event/xuntanza-de-escalada-faro-de-budino-2017/

Regulamento da competición de longos

1. Tódolos/as participantes deberán estar en posesión da licenza federativa do ano en curso ou do seguro emitido pola organización.

2. As persoas inscritas participarán nunha única categoría e so se poderá competir por parellas que deberá ser a mesma en toda a competición.

3. A competición comezará as 10:30 e rematará as 20:15. Entre as 20:00 e as 20:30 as fichas dos participantes deberán entregarse á Organización.

4. As parellas participantes poderán ser masculinas, femininas ou mixtas.

5. Para considerala “Feita” as vías deberán ser encadeadas alomenos polo/a primeiro/a da cordada, e completando o percorrido o/a segundo/a como poida.

6. Non hai límite para o número de intentos que se precisen para encadear.

7. Na columna “Feita” apuntarase un X no cadrado pertecente ó longo feito.

8. As vías non poderán ser feitas sen corda nin escalar en ensamble, e en caso de facer as de autoprotección será necesario empregar material de autoprotección colocando polo menos 1 seguro cada 4 metros de vía cun mínimo de 3 por longo. Haberá que mosquetonear todas as chapas e pasa-la corda por elas, non se poderán saltar puntos de seguro.

9. Os dous membros da parella deberán facer o mesmo número de vías.

10. As puntuacións das vías serán as seguintes en función da súa dificultade e sumando 2 puntos ás de autoprotección:

  • Ata 6a -> 5 puntos
  • de 6a+ a 6b -> 6 puntos
  • de 6b+ a 6c -> 7 puntos
  • de 6c+ a 7a -> 8 puntos
  • de 7a+ a 7b -> 9 puntos
  • máis de 7b ->10 puntos

11. Só entrarán en xogo as vías que aparecen na ficha de participación.

12. Se a parella é masculina non terá bonificación.

13. Se a parella é mixta terá a bonificación de 0,5 puntos máis por longo encadeado.

14. Se a parella é feminina terá a bonificación de 1 punto máis por longo encadeado.

15. Os/As participantes terán que entregar as fichas coa suma de puntuacións de cada columna feita. A Puntuación Total será cuberta pola Organización.

16. A Organización confía na honestidade dos/as participantes. No caso de que se aprecien irregularidades, os/as participantes implicados/as serán descualificados/as.

17. Calquera dúbida ou detalle que non apareza neste Regulamento será resolto pola Organización.

 

Resultados das competicións:

Resultados da competición de escalada por longos na Xuntanza de escalada Faro de Budiño 2017

Resultados da competición de escalada en bloque na Xuntanza de escalada Faro de Budiño 2017

Como chegar e que escalar en: https://trepadas.wordpress.com/lugares-proximos/faro-de-budino-o-porrino/

Advertisements
  1. Aínda non hai comentarios.
  1. No trackbacks yet.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s