Inicio > Escalada clásica ou de autoprotección > Casal dos Pianos, Magoito, São João das Lampas, Sintra (distrito de Lisboa, Portugal), 31 de decembro de 2018 e 1 de xaneiro de 2019.

Casal dos Pianos, Magoito, São João das Lampas, Sintra (distrito de Lisboa, Portugal), 31 de decembro de 2018 e 1 de xaneiro de 2019.

Fotos do Casal dos Pianos (Portugal), 31 de decembro de 2018 e 1 de xaneiro de 2019Casal dos Pianos, tamén coñecido como Pianos Rachados, ou o Indian Creek de Portugal, é un lugar á beira do Atlántico, a escasos 20 minutos en coche (uns 15 km) da cidade de Sintra. A rocha é basáltica, e nalgúns sitios descasca algo, supoño que polo efecto da humidade e o salitre do mar ó seu carón. A fisonomía das fendas fai inútiles os entaladores, así que é obrigado ir ben providos de friends.

O primeiro día estivemos no sector Morro da Pedreira Este, cunha aproximación rápida e cómoda, e que cos seus escasos 8 m de altura ten unha ducia de vías, xeralmente moi sinxelas, ideais para iniciarse na escalada en fendas. Ó final da ampla explanada unha parede máis alta a pecha (sector Canto), e nela hai algunhas vías de maior altura, iso si, nos cantís que dan ó océano, o pé de vía é moi malo, incluso perigoso.

Por unha vez saio eu na foto :-D (eu, nunha vía do Teclado Esquerdo, en Casal dos Pianos. Foto cortesía de Rafa)O segundo día pasámolo no sector Teclado Esquerdo ó que achégase por outra senda, que para baixar ó pé dos cantís presenta un terreo algo perigoso. Hai que lle agradecer o traballo de tallar chanzos, na forte pendente herbosa, a algún pescador que se ocupa delo para poder achegarse ás súas zonas de pesca.

No lado esquerdo do sector, temos un pé de vía cómodo e vías de máis de 20 metros, con dificultades maiores que as da víspera, e continuando pola base do cantil, chegariamos ó Teclado Dereito, que xa non visitamos.

Dado que Sintra está bastante preto de Casal dos Pianos, para o aloxamento, xantares, compras e demais, Rafa, Inma, Beni e eu, usamos esta vila como campo base, aínda que na práctica só estivemos nela para durmir e cear.

Información das vías de escalada en:

Para durmir e aloxarse:

  • En Sintra

Para xantar:

  • Restaurantes en Sintra

O tempo en Casal dos Pianos:

 

 

Advertisements
  1. Aínda non hai comentarios.
  1. No trackbacks yet.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s