Espigüete pola Crestería Este (Palentinas – Fuentes Carrionas – León). 16 de abril de 2019.
Saímos de Vigo camiño a esquiar un par de días nos Pireneos, en Candanchú e Astún, pero con intención de saca-los crampóns do armario para alomenos pisar neve, polo que de camiño fixemos parada nas Palentinas para subir ó Espigüete.
Aínda que a semana anterior, caera un bo paquetón de neve, logo debeu de chover bastante, porque a neve só se acumulaba na vertente Norte, así que aínda que barallamo-la posibilidade de subir polo Corredor Norte, ou pola aresta Noroeste, dada a escaseza de neve no fondo e as altas temperaturas, decidimos ir ó seguro e toma-la ruta máis fácil, pola aresta Este.
O ascenso non tivo dificultades, e aínda que con escasa neve no noso itinerario, si que puidemos observar restos de corrementos e pequenos aludes nalgúns puntos da cara Norte. Como iamos co tempo un pouco xusto para chegar a tempo para recolle-las chaves en Jaca do apartamento, Carducho e eu alixeiramos algo de material a mochila e, namentres Lola e Beni daban a volta, apuramos ata acada-lo cume Este, onde tamén nós decidimos regresar vendo que subir e volver do cume principal, suporianos unha hora máis de actividade.
Aresta Este, na cara Este do Espigüete.
- Dificultade: III/1
- Lonxitude: uns 1.000 m. de desnivel dende o aparcadorio aínda que o percorrido real debe ser duns 3 Km ata o cume Oeste (2.451 m).
- Material: casco, crampóns e piolet.
- Cordada: Lola, Carducho, Beni e eu.
- Aproximación: Pasado Cardaño de Abajo, cóllese o desvío cara a Cardaño de Arriba, para deixa-lo coche nun aparcadoiro situado no lado esquerdo da estrada (antiga zona de acampada chamada Pinollano). Apenas uns poucos metros de iniciada a pista que segue xunto o cauce do Arroyo de Mazobres, en dirección á cara Norte, abandóase por entre a vexetación para ascender por unha senda pouco definida pola que acada-la aresta (algúns fitos poden axudar a orientarnos) que xa non abandonaremos ata o cume.
- Descenso: Nós fixémolo pola mesma aresta Este
- 1ª Ascensión da aresta Este: Juan Díaz-Caneja, César Sobrado e Genaro, o 15 de xullo de 1915.
- 1ª Ascensión Invernal da aresta Este: María del Carmen Muñoz e Luis González o 29 de decembro de 1973.
- Percorrido: En resumo, a nosa ruta, empeza dende o aparcadoiro de Pinollano, ascendendo primeiro entre a vexetación por terreo pouco definido ata acada-la aresta, pola que continuar ata acada-lo cume Este do Espigüete (2.444 m), dende o que aínda queda aproximadamente outra media hora máis para percorre-lo tramo chegar á auténtica cima da montaña (2.450 m).
Máis info:
- https://www.arasdelcielo.com/guia-montana-palentina-espiguete-cara-este/
- http://foropicos.net/viewtopic.php?t=20890
Aloxamento na zona de Velilla del Río Carrión, Palencia (Castilla y León)
Polo que parece, o Albergue Juvenil Sierra del Brezo, en Velilla del Río Carrión, que conta cunhas instalacións enormes, debe de estar pechado.
Velilla del Río Carrión é unha localidade grande con tendas e servicios de todo tipo. Para xantar, hai unha pizzería, La Tabla Redonda, e un par de restaurantes con menú do día e á carta: Casa Mauro e o Mesón Los Faroles. Desta volta ceamos á carta na Casa Mauro, pero pareceume un pouco cara para a calidade da cea.
En Camporredondo de Alba.
Residencial Tia Goya.
Hostal, Cafetería e Mesón.
Teléfono: 979 866 032
6 habitacións, 2 dobres, 2 de matrimonio e 2 triples, todas con baño.
Mesón El Abuelo
https://es-la.facebook.com/Mes%C3%B3n-El-Abuelo-Camporredondo-de-Alba-1583855288610038/
Teléfono: 979 866 034
Ten aloxamento é restaurante.
En Triollo.
Albergue Curavacas.
Tamén é restaurante.
Teléfono: 979 866 223
En Vidrieros.
Casa Rural Valdenievas.
2 Habitacións dobres e 1 de matrimonio
http://www.casavaldenievas.es/joo3x/index.php
Teléfono: 979 870 471
En Velilla del Río Carrión.
Albergue Juvenil Sierra del Brezo.
http://sierradelbrezo.com/albergues/contacts.php
Teléfono: 979 861 313 / 699 928 419
O tempo en Velilla del Río Carrión: