Inicio > Difusión/Divulgación, Escalada clásica ou de autoprotección > Xornada de limpeza de fendas en Faro de Budiño: 15 de xuño de 2019

Xornada de limpeza de fendas en Faro de Budiño: 15 de xuño de 2019

Convocada, para o 15 de xuño de 2019, unha xornada de limpeza de fendas en Faro de Budiño (O Porriño, Pontevedra).

Ollo, só se convoca a persoas que baixo a súa propia responsabilidade queiran colaborar e que dispoñan do seu propio material de escalada e con competencia e destreza para realiza-las tarefas de limpeza de xeito seguro, autónomo e responsable.

Convocatoria, para o 15 de xuño de 2019, dunha xornada de limpeza de fendas en Faro de Budiño

Fonte: https://www.facebook.com/photo.php?fbid=10216527901342810&set=a.10207073022136739&type=3&theater

 

Saudos a todos/as.

Poñémonos en contacto coa comunidade escaladora para solicitarvos a vosa colaboración, a nivel individual, na limpeza das fendas da escola de Faro Budiño o día 15 de Xuño do 2019.

As fendas co paso do tempo volven estar “asalvaxadas” polo que compre facerlles un lavado de cara de cando en vez. A última vez que se levou a cabo a limpeza de forma masiva foi fai uns anos e a pesar de que a nivel persoal moita xente limpa as fendas para que todos/as poidamos desfrutar delas, desta vez, imos tentar facer novamente unha limpeza colectiva.

Ao ser unha actividade que require estar pendurado na parede, este chamamento faise para aquelas persoas que teñades coñecementos de manexo de cordas e poidades traballar pendurados de xeito autónomo. Do mesmo xeito, ao ser unha actividade organizada, vémonos na obriga de cumprir coas normas de seguridade e legais para facelo. Así pregamos que os/as voluntarios/as que se queiran unir a actividade dispoñan dun seguro que cubra a actividade da escalada e asinen un consentimento informado conforme coñecen e aceptan os riscos da actividade a se desenvolver no día da limpeza.

Pregamos encarecidamente que as persoas que non operedes de xeito autónomo, non queirades firmar o consentimento ou non teñades seguro de accidentes, non vos penduredes a limpar vías o mesmo día da convocatoria deste chamanento.

Todos/as aqueles/as que vos queirades unir a limpar unha fenda teredes que dispor do voso material propio de escalada e de limpeza, o cal inclúe os cepillos de arame e demais ferramenta que consideredes preciso para deixar a fenda relucente.

 

Os/as interesados/as que cumprades os requisitos e queirades colaborar nesta iniciativa, enviade un email á seguinte dirección: limpieza.fisuras.budi@gmail.com antes do 7 de xuño do 2019.

 

Unha vez rematado o prazo de recepción de solicitudes procederase a distribuír as fendas entre as persoas participantes, coas que contactaremos novamente uns días despois. No proceso de inscrición teredes que cubrir o consentimento informado.

Agradeceríamos que, no email de inscrición, indiquedes se vos comprometedes a rematar de limpar a fenda pola vosa conta, no caso de que non dea tempo a facelo o día 15 ou no seu caso, que nos indiquedes se quedou limpa ou precisa máis xornadas para acabar de limpala. Do mesmo xeito, se alguén quere limpar alguna fenda en concreto, indicádenolo no email.

Todos valoramos os nosos días libres así que por favor pregamos seriedade, non vos anotedes aqueles que saibades que non cumprades os requisitos arriba indicados, non podedes ou non queredes participar nas labores de limpeza. Pola nosa banda intentaremos ser o máis serios e eficientes posible.

Non todo vai ser traballar, así que despois da xornada de limpeza compartiremos unha agradable velada ceando todos xuntos. Para a cea, nós pomos as mesas e as grellas; a comida e a bebida ten que tráela cada quen consigo.

Tamén dende aquí, queremos pedir desculpas polas posibles molestias que poidamos ocasionar os/as limpadores/as a toda a xente que o día 15 de xuño estea escalando. É soamente un día e é en beneficio da comunidade escaladora polo que pregamos que o entendades.

Moitas gracias pola vosa colaboración e agardamos por unha resposta masiva.

 

Formulario de inscrición: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfFWyTz41r_5OrdAJqKn3ZpC12gyBwlxdQ-dx1us1GqSbNI3g/viewform?fbclid=IwAR0aAm6kBpWA4VDUmZlOS4MpNTsbtcqienQ6Qokz9CisFKE7ig3g8T8irps

Información para colaborar na xornada en: https://drive.google.com/file/d/1BogaQijDPnI6KJvKmIi-RjJlKjH5aEuQ/view?fbclid=IwAR3E3mQwePMn5HehcUOW48hKethFNYuk0ev20sRtTLrbiTcxkqwliurugTU

 

  1. Aínda non hai comentarios.
  1. No trackbacks yet.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s