Inicio > Difusión/Divulgación, Escalada deportiva, Medio ambiente, Montañismo, Sendeirismo / trekking > Convocatoria dunha xornada de traballos para a restauración do pé de vía do sector Binaca, Monte Galiñeiro.

Convocatoria dunha xornada de traballos para a restauración do pé de vía do sector Binaca, Monte Galiñeiro.

Convocatoria dunha xornada obreira de restauración do pé de vía do sector Binaca.

Erosión do pé de vía do sector Binaca.A nosa intención é facer todo o choio nunha soa xornada que, dependendo de canta xente acuda a colaborar, durará medio día ou -ó mellor- todo o día.

Por suposto, calquera pode achegarse libremente a botar unha man (mellor as dúas) cando lle pete, pero imos establecer como hora de concentración para empeza-los traballos as 09:30h da mañá do sábado 6 de xullo, xunto ó refuxio do Monte Galiñeiro..

O único material que cada quen debe traer son luvas (para non manca-las mans ó trinca-las pedras), roupa para traballar e un bocadillo (que seguro que fará boa falta 😉 ).

Pregamos que difundades esta convocatoria e agradeceriamos que as persoas que queiran confirmar que se achegarán ese día nos avisedes, ben persoalmente decíndonolo a Carducho ou a min, ou se non nos vedes ou coñecedes, mediante un correo electrónico a trepadasecordadas@gmail.com. En todo caso se vides sen avisar seredes igualmente benvidos/as.

Toda a info en: Restauración do pé de vía do sector Binaca.

 Erosión do pé de vía do sector Binaca.O pé de vía do sector Binaca perdeu todo o manto de herba que orixinalmente tiña e como consecuencia delo, a erosión socavou máis de medio metro o nivel do chan, deixando un pé de vía en pendente con terra solta e pedras ó descuberto que dificultan tanto o paso como o inicio da escalada e aseguramento; e cun estado que cada vez empeora máis rapidamente.

Volver a crear un novo chan nivelado, con pouca pendente e estable, require da colocación de pedras de gran tamaño encofradas coa madeira apañada nas proximidades para construír uns socalcos escalonados. Localizar e traer dende as proximidades unha cantidade de pedras -e de tan grandes dimensións- como as necesarias, así como trasladar terra de abondo para asentalas e cubrilas, supón un duro traballo para o que se precisaría da colaboración de canta máis xente mellor.

Asemade, para evitar que siga deteriorándose o pé de vía, pretendemos abrir senda un par de metros máis separados do muro, para que o tránsito de subida e baixada ós sectores de escalada principais non contribúa de novo á erosión do que agora reparemos.


Actualización (06/07/2019).

Unha vez realizados os traballos podedes ve-lo proceso e resultado en:
https://trepadas.wordpress.com/convocatorias/restauracion-do-pe-de-via-do-sector-binaca-monte-galineiro-gondomar-pontevedra-galiza/#thefuckingwall

  1. Miguel Seo
    2019 Xullo 2 ás 00:19

    Boísima iniciativa, Ricardo. Moi necesaria de fai tempo. Noraboa.
    Sinto non poder ir doblalo lombo ahí con vós, pero dende 200km suporíame un esforzo extra que asemade creo que lle corresponde mais que sexa cuberto pola colectividade local da zona que por outra banda é sobradamente numerosa como para podelo afrontar folgadamente.
    Foi unha lástima que este, que era un acceso so ao sector se convertese en acceso xeral aos superiores pola súa base.
    En orixe para Binaca e Hiedra non se abriu acceso mais que dende a zona da Bismarck e un lateral horizontal que conectaba “camiño único” central do medio que vai directo á Cornus e que en grande medida corría por bloques. Creo que tod@s temos que agradecer esta necesaria iniciativa e a estupenda explicación pero sobre todo apoiala. Concordo sobre todo no de separar o acceso desviandoo uns metros da base do sector.
    Non será doado, e é previsible que leve tempo atopar o platexo idoneo, así como executalo, pero espero e confío en que @s escalador@s locais verán a necesidade, o beneficio e a satisfacción de conseguilo co que confío en que haberá un bo nivel de participación.

    O dito: parabéns e todo o meu ánimo.

  1. No trackbacks yet.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s