Arquivo

Archive for the ‘Sétimo grao’ Category

Practicar fora da rocha: escalar no panel e no rocódromo.

Está claro que o que me gusta é escalar na montaña, ó aire libre, pero non sempre ten un a oportunidade, ou se dan as condicións -climatolóxicas, sobre todo- para facelo. É o caso dos que aínda traballamos ;-| , e/ou dos que residimos lonxe da rocha, ou dos que vimos sufrindo as inclemencias deste inverno tan chuvioso que estamos tendo.

Nesas circunstancias, para mante-la continuidade na práctica da escalada non queda máis remedio que recurrir ós rocódromos ou ós paneis de entrenamento. Para ós que, coma min, non gostan demasiado dos entrenamentos, pode costar un pouco decidirse a ir e, sobre todo, face-lo con certa asiduidade, que é o que realmente o fará útil, pero en pouco tempo obteremos resultados positivos. No meu caso, dende comezos de ano tento ir dúas veces durante a semana, para “manterme” alomenos nun mínimo de forma. Polo de agora o meu propósito non é seguir unha planificación rigurosa cara a acada-lo obxectivo do sétimo grao, pero supoño que máis adinte terei que platexa-lo dun xeito máis serio.

  O panel non só permite manterse ou mellorar aspectos concretos, senón que ademais pode ser moi motivador cando danse pequenas xuntanzas de escaladores/as que se retan ou simplemente propoñen novos pasos ou problemas que intentar resolver. Durante esta Semana Santa, dado que o mal tempo non nos deixaba nin un respiro, aproveitamos un día para achegarnos polo local do Club Montañeiros Celtas, de Vigo, e pasa-la tarde no seu panel, probando algunha das vías que montaran para a II Liga Social de Escalada; o ambiente era moi bo, e a gañas de escalar inversamente proporcionais ó pésimo tempo, pero non se pode decir que saíse moi satisfeito: apenas din sequera arrancado das dúas secuencias que probei. E é que a escalada de “boulder” require de destrezas moi específicas… En todo caso, tampouco hai que olvidar que ó reducirse a dificultade a moi pouco recorrido, a esixencia dos pasos pode ser alta e é moi fácil deixarse levar pola “excitación” e sobreesforzarse nalgún lance, co risco de lesión que elo conleva.

É evidente que quédame moito camiño por diante todavía, pero a falta de rocha… panel!!! 😀

Categorías:Sétimo grao

A importancia do equipamento axeitado: os pés de gato.

2013 Xaneiro 15 Deixar un comentario

Como por algún lado hai que comeza-la miñas Crónicas do Sétimo Grao, fareino polo primeiro problema co que me atopei na miña progresión: en vez de mellorar… empeoraba!

– ¿Pero como era isto posible? –

Pois o caso é que estaba indo a escalar bastante asiduamente a Faro de Budiño, que é unha das escolas que teño máis perto de casa, así que é un dos lugares onde escalo habitualmente. Teño que dicir que nunca me gustou esta escola, porque sufría moitísimo nas súas vías, sen que nunca analizara as causas do meu pouco éxito nela. Sen embargo, debido precisamente á baixada de rendemento á que me refiro neste artigo, púxenme a cavilar polo miúdo que me sucedía agora e que me sucedía ó principio.

Dado que o meu estado físico xeral é bastante bo (en verán escalei moito, pero ultimamente xa só o facía as fins de semana, así que non tiña porqué sufrir de cansanzo,  sobreentrenamento ou dos efectos dun período de supercompensación), o mental tampouco está mal (ou alomenos, non teño máis trastornos dos habituais 😉 tendo en conta a sociedade e situación actuais…) e o estado das vías é similar (pese ós pitóns que constantemente levamos para casa 🙂 coa intención de volver a poñelos no seu sitio algún día, eh -cando ninguén sexa quen de subir por esas vías-); non se me ocurría que podía estar sucedéndome.

Entón decateime de que estaba empezando a “sufrir” na parede, como ó principio…, como durante todos eses anos nos que ía a Budiño esporadicamente e non conseguía adaptarme ó característico tipo de escalada que acolá se fai. – ¿E que me era o que me pasaba naqueles tempos?- Pois dúas cousas:

  • O meu primeiro impedimento era a auténtica dor de pés que tiña dende cáseque o mesmo intre en que empezaba unha vía. Eu non entendía como podía a xente aguantar un só minuto enriba deses doorosísimos pitóns característicos de Budiño, ata que… cambiei de gatos. ¡Resultou que os meus gatos eran demasiado brandos! Eu nunca pensara nelo, pero, unha sola dura que permitise cantear e que non se abrandase coa calor, resolveu cáseque inmediatamente o meu calvario persoal.
  • O segundo problema derivaba do primeiro: dado que o pasaba tan mal, era imposible que me concentrase simplemente en escalar, en resolve-la pura dificultade da vía, así que permanentemente sentíame desequilibrado e sufría un medo constante a caerme. Unha vez deixaron de doerme os pés, empecei a escalar de verdade… (non digo que me transformase, eh… simplemente, mellorei visiblemente).

Así que boteille unha ollado ós meus pés de gato… Non é que estiveran moi gastados, pero o certo é que as solas xa non eran en absoluto ríxidas, así que collín o outro par que teño (que aínda que son máis brandos e cómodos, tiñan a sola cáseque nova) e fun un par de días a escalara con eles. A cousa pareceu que foi ben ó principio, porque sentinme mellor na parede, pero logo dun rato, a avantaxe da sola nova foi superada pola desavantaxe da flexibilidade do gato, e outra vez vin como volvía a “arrastrarme” polas vías. Sen embargo, pareceume que o feito de que fixese bastante calor podía se-la causa de que tamén con estes gatos non acadase o nivel anterior, xa que notaba que resultaban demasiado brandos.

En todo caso coido que o problema debe ser cousa dos gatos, así que leveillos ó zapateiro para que me puxese a sola máis gorda e dura que tivese (5mm). E agora só queda esperar pola vindeira fin de semana, para comprobar se non me equivoquei -que eu coido que non- e lembrar que, en cada sitio hai que usa-lo equipamento axeitado. E, en Budiño, pés de gato con sola ben dura.

Categorías:Sétimo grao