Inicio > Escalada deportiva > Escalada deportiva en Chulilla (Valencia), xaneiro de 2023.

Escalada deportiva en Chulilla (Valencia), xaneiro de 2023.

2023 Xaneiro 8

Chegaron as vacacións de nadal logo de varias semáns de choivas e cunhas previsións de que continuaría o mal tempo, así que para escalar habería que saír fóra… Sen neve apenas, salvo en parte dos Pireneos, e con malas previsións para a montaña, parecía que unha boa opción era dirixirse ó Mediterráneo; e seguindo a recomendación de Rafa, que pasara varias semáns encantado nun lugar en Valencia chamado Chulilla, do que ata agora non tiña referencias, pero que debe ser unha das maiores -e moi boa- escolas de deportiva en España, alá fomos…

Chulilla

Fotos de Chulilla (Valencia), xaneiro de 2023Ó carón desta pequena vila valenciá que dá nome á escola, hai máis de 1.500 vías repartidas nuns 50 sectores, que non era moi frecuentada ata que a principios do século XXI empezou a revitalizarse coa apertura de novas vías e sectores por parte dalgúns/dalgunhas escaladores locais, empurrados polos actuais propietarios do albergue “El Altico”, Pedro Pons e Nuria Martí.

Moita variedade de graos e lonxitudes que fan recomendable levar corda de 80 metros, ou incluso nalgún caso a de 100 metros para empatar un par de longos… Roca caliza, con tódalas orientacións para escoller sol ou sombra e seica cando o tempo é malo noutras zonas próximas como Siurana ou Margalef, aquí é mellor e permite escalar. Nós estivemos en inverno e, ó sol, houbo días nos que pasábase moita calor, así que non sei se en verán se estará ben…, pero como os meandros do río Turia decorren por un profundo canón pode que buscando os sectores de sombra tamén se estea ben en verán..,

Hai algúns sectores con vías xa pulidas, como en Los Perros, ou nalgunhas de La Ceguera e Cherales, pero en xeral a rocha é aínda adherente.

A vila é pequena, moi pintoresca, e ten 3 ou 4 restaurantes (algo caros, pero cunha comida espectacular!), un par de bares, panadarías, carnizaría, pequeno supermercado, farmacia, estanco, tenda de material de escalada, aparcamentos á entrada, e algúns aloxamentos (o albergue para escaladores El Altico ten moi poucas prazas, e o resto son casas rurais e un pequeno hostal, así que se non se quere durmir no coche no monte, hai que buscar noutras vilas). Nós colliamos auga na fonte da praza central, durmimos na furgo a maior parte do tempo e un par de noites no albergue, almorzabamos no bar da Asociación de Jubilados e Pensionistas, mercamos unha guía no estanco e outra no albergue, collimos algo de comida no supermercado e ceamos ajoarriero en tódolos restaurantes da vila sen que poidamos decidir cal era o máis rico 😀

No alto fóra da vila, enfronte do albergue, hai unha zona xunto á estrada, entre a maleza na que habitualmente estacionan as furgonetas para durmir cando se pasa varios días escalando.

 

O tempo en Chulilla:

Primeira guía de escalada en Chulilla (1990). Foto cortesía de Pichu.Croquis: