Canón do Sil (Os Peares, Ourense)

Fotos da escola de escalada do Canón do Sil (Os Peares, Ourense).Aínda que se considera unha escola ourensá, algúns dos seus sectores máis novos atópanse da outra beira do Sil, polo que realmente comparte espazos non só en Ourense, senón tamén en Lugo.

O acceso habitual realízase polos Peares, usando unha pista asfaltada que une Os Peares con Santo Estevo, e leva uns 25 minutos dende Ourense.

Hai unha fonte próxima o sector Camachuelo, a uns centos de metros deste en dirección a Santo Estevo, no lado dereito da pista.

Ollo ás restricións para escalar porque a parte ourensana da escola está situada dentro dun espazo protexido polo que hai que pedir permiso durante todo o ano para escalar, independentemente de que haxa outras limitacións estacionais nalgúns sectores. Máis información en:

Enfronte dos sectores máis antigos abrírose outro par de sectores de escalada deportiva, na marxe dereita do Sil (aproximadamente enfronte do sector A Ferrata). Son os chamados Maquis e Calendario. Para chegar a eles hai que ir ata San Cosmede, xa na ribeira lucense, pola estrada que une esta vila con San Miguel de Pombeiro (no caso de vir dende esta outra vila hai que coller á dereita nun pequeno cruce despois de atravesa-la ponte da antiga estrada Peares-Monforte). Son sectores soleados, ideais para outono e primavera.

Ademais destes sectores tamén abríronse alomenos outros 3 máis, Cambo (ó que hai que acceder en barco), outro que coido que é privativo…, e o máis coñecido Bágoa Negra.

Información e croquis: