Penedo do Garabullo (Carballedo, Lugo)

Fotos da escola de escalada do Penedo do Garabullo (ou do Graúllo), Penedo do Castelo, Monte Graúllo, Carballedo, Lugo.Esta é unha escola de recente creación froito fundamentalmente do traballo aperturista e de equipamento do Xosé e algúns dos seus colegas, que co apoio económico do Club de Montaña O Veral, de Lugo.

Polo que teño entendido un escalador -non sei se chegado á zona ou natural dela- atopouse con este penedo camuflado entre a frondosa vexetación e abriu unha vía e empezou algunha outra,  pero aí se quedou a cousa… O caso é que ó Xosé cando viu este mogote debéronselle abri-los ollos como pratos e faltoulle tempo para empezar a buscar brocas… ;-D

Trátase dunha formación rochosa de gran tamaño ó lado dunha fervenza, a do rego de Fondós, que xusto desemboca no río Miño uns poucos metros máis abaixo, doutro lado da estrada: nesta paraxe natural destaca a vexetación que seica é de bosque mediterráneo, o que non debe ser moi común por aquí: aciñeiras, sobreiras, albedros, xarxa e romeu.

A rocha é fundamentalmente cuarcita armoricana que ofrece unha escalada de fendas e regretas totalmente raras en Galicia, e forma parte dun macizo composto de aresniscas, lousas e xistos que atravesan o Miño cara ó Caurel. O sol dá duro na parede a maior parte do día polo que non é unha escola de verán, mellor ir en días secos de inverno ou outono. Aviso, aínda que o equipamento é deportido, a escalada é de montaña e algún pé de vía é dos que asustan e hai que permanecer ancorados á parede! Levade sempre o casco!

Para quen teña curiosidade sobre o nome do lugar recomendo a  lectura do seguinte artigo: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lemos/chantada/2011/04/10/penedo-e-nin-do-graullo-nin-do-garabullo/0003_201104M10C6993.htm

Croquis e reseñas:

Todavía non están publicados xa que séguense abrindo sectores, pero no blog do Xosé, Fendas e Ferrallas tendes un pequeno anticipo:

Croquis do sector Libro Aberto 

Aproximación ó sector de escalada do Libro Aberto

Como chegar:

Previsión meteorolóxica: