Segade (Caldas de Reis, Pontevedra)

Segade (Caldas de Reis)Vella escola equipada nos anos de 1990 por Víctor SánchezVituco” e Alfredo Chavert, na que Miguel Aviñoá e Ernesto FernándezNiger”  están abrindo novas vías e reequipando as vellas. Moito choio hailles que agradecer para limpar unha rocha con tendencia a ensuciarse, pero que xa da froitos en forma dun equipamento anovado e de novas vías das que en abril de 2016 presentaron os croquis necesarios para disfrutalas -ou sufrilas, segundo se mire-. 🙂

Podedes descarga-los croquis completos no blogue do Club Alpino Ourensán, en http://www.clubalpinoourensan.es/escalada/escola-de-escalada-segad-caldas/, e no sitio web de Pablo Ces en http://cesmedia.es/pdf/CroquisCaldas.pdf

Croquis de Caldas compartidos por Ernesto "Niger", https://www.facebook.com/niger.apase, en http://www.clubalpinoourensan.es/escalada/escola-de-escalada-segad-caldas/Vías sobre granito e orientación Sur que non as fan recomendables para o verán, aínda que ó seu carón corre o río Umia (hai que seguir unha senda para baixar á súa ribeira), no que hai varias pozas nas que darse un chapuzón.

Para chegar ós sectores de escalada, unha vez deixado o coche na explanada ó carón da estrada, báixase pola mesma uns 100 m. ata a curva onde sae unha senda que tomamos cara a un poste metálico do tendido eléctrico. Pásase ó seu carón e entre este e un farallón rochoso a senda que conduce ás vías desvíase cara á esquerda para baixar bruscamente (esta baixada está bastante disimulada entre a maleza aínda que fixándose un pouco vese que é un tramo escalonado bastante vertical pero curto no que hai que botar man á rocha) -hai algún trozo de corda para axudarse-; dende aquí, a senda xa volve a ser evidente e empezan a aparecer á nosa dereita os sectores.

Croquis e reseñas: