Oia (Oia, Pontevedra)

Fotos da escola de escalada de Oia (Pontevedra).Esta escola situada na comarca do Baixo Miño, nos altos que dominan a costa de Oia, está crecendo e sendo reequipada grazas ó dinamismo e excelente ambiente dun grupo de xente da Guarda, fundamentalmente, que se fan chamar Os Amigos do Grilo. Teñen un grupo de Facebook no que pódese contactar con eles, ve-la información dos sectores ou saber das súas correrías.

Oia é un pequeno concello a medio camiño entre Baiona e A Guarda, con algúns pequenos resaltes rocosos graníticos nos altos, que se veñen aproveitando para a escalada deportiva. Para chegar os sectores, circulando pola estrada PO-552 (de Baiona a A Guarda), ó chegar a Oia, cóllese unha estrada á esquerda, cara á parroquia de Lourenza (hai un sinal indicador no cruce e do outro lado da estrada está o bar La Riña). Uns quilómetros máis adiante, no alto, cóllese nun cruce á dereita en dirección á mesma parroquia, seguindo os sinais (ata aquí debe haber uns 5 quilómetros). Ós poucos metros cóllese a segunda pista de terra que sae á nosa dereita (hai un vello sinal indicador ilexible -por embaixo do óxido intúese que era de cor azul-, que apunta en dirección ó repetidor de televisión). Esta pista de terra percórrese durante 700 m ata un cruce (ten un pequeno sinal que indica “zona eskala”) no que séguese 1 quilómetro máis pola pista da dereita, pasando ó lado do Curro da Valga e seguindo ata un último cruce de 4 pistas.

Croquis e reseñas:

  • Sector El Monasterio. Dende o cruce das 4 pistas, cóllese a primeira á nosa dereita durante só uns 50 metros para deixa-lo coche nunha explanada (ata aquí uns 6 quilómetros dende o cruce da estrada da costa, en Oia). Séguese camiñando pola senda aproximadamente medio quilómetro ata o sector de El Monasterio, que está ós nosos pés logo de arrodear unha finca pechada.
Sector Monasterio - Oia (croquis do Facebook dos Amigos do Grilo). Fonte: https://www.facebook.com/photo.php?fbid=453138538107113&set=o.191690777546680&type=1&relevant_count=1&ref=nf

1- Buscando a jack IV+, 2- Juanita V , 3- Biolystinca 6A , 4 – Justynca 6C , 5 – El tio de la bara V+ , 6 – La vieja del visillo V , 67- Hapy day V+ , 8 – El sandinista V , 9 – Perros voladores IV+ , 10 – La gargola IV , 11 – El forastero V , 12 – La Laruchi V, 13 – La nena rabuda 6B+ , 14 – Curro vello 7B? , 15 -Monjas de poco latex 6A+ , 16 – La negra 6A+ , 17 – El monje 6A , 18 – Rakel westt 6A , 19 – La esquina 6C+

  • Sector La Fuente. Dende o cruce das 4 pistas, séguese de fronte pola pista durante uns 20 minutos -nuns días o describo e indico no mapa 🙂
Sector La Fuente - Oia. Fonte (croquis do Facebook dos Amigos do Grilo): https://fbcdn-sphotos-e-a.akamaihd.net/hphotos-ak-prn1/9391_453142298106737_397589301_n.jpg

1 Nadia IV+ , 2 Pan y cebolla V , 3 Cutty sark IV+ , 4 El filo V+ , 5 La mema V+ , 6 La alternativa V+ , 7 Mision hispanica 6B , 8 Estrellas rebeldes 6A+ , 9 El que tubo retubo ? , 10 Ciudad vertical V+ , 11 Franky to hollywood 6A+ , 12 Vida nocturna V+ , 13 Ponte morada V+ , 14 Cowboys de ciudad 6A+ , 15 Ke te chupe ke 6B

  • Sector La Costa.
  • Sector El Dado.
  1. Aínda non hai comentarios.
  1. 2022 Maio 25 ás 13:54
Os comentarios están pechados.