Hío (Cangas, Pontevedra)

Hío (Cangas), PontevedraEn Hío, perto de Donón (concello de Cangas) hai unhas poucas vías á beira do mar, xa na Costa da Vela, nas que poder pasar unha agradable tarde.

É un peñasco no alto dos acantilados, con 2 sectores, ó que se chega en 2 minutos dende o aparcadoiro de terra.

No primeiro sector hai 5 vías curtas de adherencia, orientadas ó Sur dunha dificultade que vai dende o III+ ó 6a+, ideais para ir aumentando progresivamente de dificultade.

O segundo sector está orientado á posta do sol e ten 4 vías, algo máis difíciles e de maior esixencia física (aínda que hai un V+, é bastante “duro de pelar”).

Hai un terceiro sector, Outeiro Batente, separado varios quilómetros dos dous anteriores, que se atopa antes de chegar a eles, indo de Hío a Aldán. Logo duns 100m., unha vez acadado o alto da Fanica, pódense ver unhas lousas na cuneta no lado esquerdo, onde poden estacionar un par de coches en liña, e do lado dereito comeza unha calzada non apta para coches, que hai que seguir durante uns 200 m. para chegar á parede que aparece claramente identificable á esquerda da calzada de pedra.

Reseñas e croquis:

  • Na Guía de Escalada de Galicia Rocha Nai: https://rochanai.wordpress.com/
  • Na agotada guía Galicia Vertical editada por Javier Carreras e Miguel Seoane