Monteferro (Nigrán, Pontevedra)

Monteferro. Nigrán.Para chegar ás vías de escalada do sector do Faro hai que segui-la pista que leva ó miradoiro do cume, pero ó empeza-lo bosque hai que coller unha pista de terra que se desvía hacia á dereita. Nese cruce coa pista hai que deixa-los coches xa que máis adiante a pista ten bloqueado o paso e non poderían circular 2 vehículos en sentidos opostos. Logo dun tramo, a pista convértese en senda para dirixirse ó faro.
Na base do faro, está o sector principal.

No ano 2012, editouse unha guía de surf e escalada en Monteferro, na que aparecen bastantes vías repartidas en novos sectores. A guía pódese mercar en Vigo, na tenda de material de montaña, Terra. Estivemos probando algunha das vías que abriron e pareceunos que varias delas son máis difíciles que o grado que figura na guía (pode ser que a algunha xa lle falte algunha presa clave, pero noutras danos a impresión de que simplemente non están ben graduadas).

Guía de surf e escalada en Monteferro

É unha zona á que pódese ir en verán e inverno (se non fai temporal). Se a marea está alta hai vías que non se poden facer.
As vías orixinais están equipadas con químicos, pero as que se crearon posteriormente, principalmente nos novos sectores que abriron os publicadores da anteriormente citada guía, están equipadas con parabolts.

Ó sector das Estelas, chégase polo outro lado do cabo.

Croquis e reseñas:

  • Na Guía de Escalada de Galicia Rocha Nai: https://rochanai.wordpress.com/
  • Na agotada guía Galicia Vertical editada por Javier Carreras e Miguel Seoane, aínda que nela faltan as novas vías e sectores abertos con posterioridade á súa edición.
  • “Guía de surf y escalada. Monteferro”, de Jorge Díez e Carlos “Jicho”.