Sector Abruzzos

Fotos de Faro de Budiño. Sector Huerto

Abruzzos

Croquis de Faro de Budiño. Sector Abruzzos.

Sector Abruzzos (de esq. a dta.)
Vía Nome Grao
Croquis de Faro de Budiño. Sector Abruzzos   Moquegua IV+/V Equipada. Aberta por Pedro Bonifacio López, “Boni”, no 2006/2007. 5 longos entre o III e o V.
  Adictos al Radón 7a Autoprotección. Últimos metros coincidentes co remate do 4º longo da Moquegua. Aberta por Jose Juan e Patxi no 2014 (axudados por Daniel Roselló e Lalo Pereira). 1ª escalada en libre en xuño de 2014.
Zorra III+ Trepada por mofos, empotres, impracticable…
1 Tximist (variante de entrada directa do L1). L1 V+ Evita o flanqueo á esquerda dende o colmillo do 1º longo orixinal, entrando directamente por unha cheminea máis á esquerda da entrada orixinal, que empata co percorrido orixinal do 1º longo, no devandito colmillo.
2 Tximist (orixinal). L1 6a+ Autoprotección, semiequipado. Offwidth. Apertura e 1ª en 1974, por Santi Suárez, Ana D. e Lino.
3 Tximist. L2 8a Autoprotección, semiequipado (2 parabolts, 30 m). 1º encadeamento en libre o 28 de abril de 2017: José A. Villar Comesaña “Pajarolo”, asegurado por Jose Juan Domínguez López. Apertura e 1ª escalada en artificial en 1974, por Santi Suárez, Ana D. e Lino.
4 Tximist. L3 IV+ Autoprotección. Apertura e 1ª en 1974, por Santi Suárez, Ana D. e Lino.
5 ¿?  7a/A0 (8a? en libre) Autoproteccion. Fenda fina á dereita do 2º longo da Tximist, cun parabolt para continuar en artifo e posteriormente conectar por placa con burís coa fenda do tramo orixinal do 2º longo dos Pais. Aberta por Ángel e Toni.
6 Os Pais (1ª sección, ata descolgue intermedio). L1 6a+ Fenda en babaresa de autoprotección.
7 Os Pais (2ª sección, orixinal). L1 6c/6c+ Autoprotección. Sáese da reunión intermedia por travesía á esquerda, protexida por un parabolt, para acadar unha cheminea ancha que polo que continuar verticalmente, logo de estreitar ata converterse en fenda diedro.

Pódese facer unha variante directa de entrada para percorre-la cheminea dende o chan directamente pola mesma, comezando para elo polo 1º longo da Tximist e así evita-la travesía que empata a 1ª sección da Os Pais coa cheminea.

8 Os Pais. L2 máis de 7b? Semiequipada. Parabolts en bo estado polos que ascender en A1 (un estribo necesario para acadar 2 dos parabolts) todo o longo agás o paso final, para o que aconsello un Allien co que protexe-lo paso á fina fenda final.

Sen encadear en libre.

¿? Travesía de Miguelito “Chandall”? ¿? Chapas vellas. Á altura do 2º longo dos Pais. ¿Como se chega ó seu comezo? ¿De onde ven, a onde vai…?
9 Os Pais. L3 6a+ Autoprotección, fenda regular. Para rematar pódese seguir polo 3º longo da Tximist, ou pola fenda de saída orixinal (travesía expo por placa ou péndulo, para gaña-la fenda á dereita).
10 Os Pais (tramo orixinal L2). L3 6b? Autoprotección. Hai 2 burís en mal estado (o segundo non aguantaría nin un tirón con abrelatas!), na placa pola que se pasa, en travesía expo ascendente duns 4-5 metros, da fenda pola que vimos, á fenda da súa dereita. A nova fenda remata algo máis arriba e hai que pasar á unha nova fenda final á súa esquerda, nun tramo de placa duns 2 m sen chapas.
11 Mente Abierta. 8a Equipada.
12 Os Nenos. L1 V+ Semiequipada. Empeza por fenda de puños en autoprotección e logo segue pola cheminea protexida por parabolts ata reunión de 2 parabolts sen anelas.
13 Os Nenos. L2 V+ Autoprotección (macroempotradores), cheminea chea de mofo. Practicable? Non se fai…
14 Os Nenos. L3 A1/V+ Semiequipada. Equipamento vello, impracticable (eu non vin nada, nen sequera a reunión dende a que face-lo péndulo)? Non se fai? Ó seu remate, faise un pequeno péndulo (3 m) cara á esquerda para gaña-la fenda do último longo orixinal dos Pais.
15 Calavera. L4 A0/6a ou 6c Hai unha instalación de reunión intermedia, pero pódese utilizar a que hai no cumio da parede.
16 Abruzzos 7a+ Autoprotección.
17 Abruzzos. (continuación) IV+ Placa equipada con 2 parabolts para acada-lo cumio do 2º risco.
18 Aquí llega el Con de Mor 7a/7a+ Autoprotección. Semiequipado. Inicio común coa Abruzzos.
19 Polo offwidth 6c/6c+ Autoprotección. Offwidth extremo… (o nome é un xogo de palabras en “galenglish” que fai referencia a que hai que ir “pola fenda ancha”)
20 Polo A0/IV+ Artificial. Por placa en artificial ata gaña-la fenda ancha da dereita no tramo final.
21 Brona. L1 A0/6b Equipada. Dependendo de se usa 1, 2 ou 3 chapas para o A0, o resto vai dende o 6b, ó 6a, ou ó V+. Pode ser necesario un friend do nº 1 ou 2 para engadir un último paso de A0.
22 A (variante de saída da Brona) 6b+ Semiequipada. Impracticable polo lique e mofos. En lugar de continuar en travesía á dereita, segue verticalmente seguindo unha fina fenda
23 Brona. L2 IV+ Equipada porque as fendas para protexer son moi fráxiles debido á finura da laxe.
24 Reca-Brona 7a Semiequipada. Variante de entrada e libre á Brona, ata gaña-la fenda diagonal, por onde continúa o 1º longo da Brona.
25 Oso Maricón 7b+ Equipada
26 Zipi Zape 6b+ Autoprotección. Aberta por Miguel López “Miguelito Chandall” e Julio Soler (pai de André) en 1982.
27 Pachochiña 6b Autoprotección. Reunión renovada polo Comité de Faro de Budiño en outubro de 2013.

O nome de “Abruzzos” non ven do famoso duque italiano explorador e montañeiro, nin pola coñecida rexión italiana, senón que é un xogo de palabras que usaban no sentido de darse “abrazos”.