Trucos prácticos e ñapas

Para evitar que a corda se líe namentres a damos ó primeiro.

Corda recollida empezando por só un dos seus extremos

Corda recollida en simple preparada para o seu uso sen ser pasada previamente

A corda recóllese dende só un dos seus extremos para facilita-lo seu correcto desdobrado

Se a recollemos polos dous extremos simultaneamente, é máis fácil que se formen nós cando a despreguemos.

O mellor sería pasa-la toda dun extremo a outro para elimina-los líos que poidesen formarse e deixa-la preparada, pero basta con recolle-la corda en simple, en lugar de en dobre, para que non se formen tantos nos.
___________________________________________________________

Para evitar que os antizocos de Charlet Mooser se desfagan.

Botarlles polvos de talco ós antiboots, logo de cada uso é man de santo para evitar que se desfagan

Os antiboots de Charlet Mooser teñen o grave defecto de que co uso derrétense e póñense pegañentos. Para evita-lo, pódeselles botar polvos de talco despois de cada uso.

Truco contado por Carmela e Quique (grazas…).

___________________________________________________________

Tira-la corda para rapelar.

Ás veces cando tiramo-la corda para rapelar, os cabos enrédanse entre si e impiden que se despregue completamente. Para minimiza-la posibilidade de que isto suceda, o mellor é recoller cada extremo da corda en gazas separadas para logo poder lanza-las unha tras outra, en vez de simultaneamente.

– Dun dos cabos pódense deixar caer 5-8 metros do extremo pola parede.

– Lanzar primeiro unhas cantas gazas cortas (outros 5 ou 8 metros) dese mesmo cabo.

– Aproveitando o peso da corda xa despregada, inmediatamente lanza-las restantes gazas dese cabo.

– Repeti-lo proceso co outro cabo da corda.

Técnica explicada nun curso da Escola Galega de Alta Montaña.

___________________________________________________________

Coloca-la corda para rapelar dunha anela apoiada sobre a rocha.

Cando se introduce a corda de rapelar nunha anela que está apoiada sobre a parede, débese colocar de tal xeito que o extremo do que se tire para o seu recuperado sexa o que esté polo lado entre a parede e a anela, xa que así a forza que se fai o tirar do cabo para recupera-la, é máis eficaz ó aplicarse directamente sobre o extremo que máis roza. De tirar polo outro cabo, parte da forza redúcese polo efecto da elongación da corda debida a súa elasticidade, o que supón un maior esforzo por parte de quen realiza a maniobra de recuperación.

Asemade, deste xeito evítase que a corda poida quedar atrapada entre a anela e a parede cando se tira do outro cabo.

___________________________________________________________

Evitar que a corda quede atascada na súa recuperacion tras un rápel.

Ademáis de separa-lo nó da aclaxe para evitar enganches e da evidente atención a evitar grietas e estreitamentos da roca onde puidera quedar atascado o nudo ó recupera-la -ou directamente a propia corda-, a penúltima persoa en descender comprobará dende abaixo que a corda pode recuperarse, tirando dun dos cabos -o que corresponda para esta maniobra-, antes do descenso da última.
A última persoa, ó descender procurará ir colocando a corda que vai quedando por riba del, para que non se atasque e desenredará as cordas a medida que vaia baixando, utilizando para elo un mosquetón suxeito ó arnés e pasado pola corda a traccionar. Asemade é interesante que nos primeiros metros do rápel, comprobe se a corda corre, tirando para elo, por riba del, da corda correspondente ó cabo de recuperación.

___________________________________________________________

Triángulo de forzas bloqueado sen reduci-lo seu ángulo de traballo.

Cada gaza que chega ó centro da reunión, anúdase individualmente, de tal xeito que o triángulo de forzas segue repartindo correctamente a carga sen reducir tanto o seu ángulo de traballo, como ocurre cando se fai un nó de bloqueo común con tóda-las gazas.

Ó montar unha reunión, a triangulación permite reparti-la carga entre as ancoraxes. Se o punto inferior da triangulación é móbil, a carga sempre se repartirá entre tódolos puntos ou ancoraxes, incluso en caso de tracción lateral. O inconvinte é que en caso de rotura dalgunha das ancoraxes, o punto de triangulación caerá ata o final da cinta e chocarán os mosquetós entre si.

Cando algún dos seguros dunha reunión non é fiable, recoméndase bloquea-la cinta de reunión cun nó simple ou de oito (eu prefiro usa-lo nó de nove, porque desazócase millor tras estar baixo carga).
Normalmente anúdanse xuntos perto do punto central, para minimiza-lo tirón provocado cando salta algún dos seguros, xa que canto menos distancia a percorrer: menor aceleración e menor forza de choque e carga sobre os restantes seguros.
O nó, ademais, impide que un mosquetón choque contra o outro, o que podería causa-la rotura dos mesmos (en circunstancias de frío extremo, por exemplo, a elasticidade dos materiais redúcese, polo que, no caso de sufrir un forte impacto, poderían chegar a romper, cando noutras condicións, isto non suporía un perigo).
O problema de facer este nó xuntando tódolos cabos dos seguros, é que ó fixa-lo punto inferior da triangulación, redúcese notablemente o ángulo de traballo do triángulo de forzas, polo que as cargas non se reparten equitativamente entre tódolos seguros, segundo a dirección de tiro, o que convirte á reunión en monodireccional.
Pero a solución a isto é tan sinxela como anuda-la cinta no lado da ancoraxe máis feble ou nos dous (ou tres) lados, de tal xeito que haxa un nó independente en cada un dos extremos da cinta de reunión, perto do punto central da reunión. Así, o punto inferior da triangulación segue sendo móbil e a reunión aínda que é semidireccional, ten un ángulo de traballo que non se ve tan reducido, e no caso de que saltase calquera seguro, seguiría minimizándose a aceleración da carga e a distancia en que se “estiraría” a reunión.

Técnica explicada nun curso de Alpinismo-Corredores da Escola Galega de Alta Montaña.

__________________________________________________________

Pasa-la corda para rapelar dende unha reunión con dúas chapas, unidas con cadea.

A corda está pasada pola anela e pola segunda chapa, aumentando o rozamento e sufrimento da corda pola flexión á que está sometida.

A corda non sufre polo ángulo da chapa, senón que apóiase sobre a superficie arredondada da anela.

Neste caso, o normal é que na chapa inferior haxa unha anela, polo que débese pasar só pola anela, para evitar que a corda sufra contra o borde da chapa.

Isto non supón ningunha redución da seguridade en comparación con pasala polas dúas chapas, xa que en caso de que saltase calquera delas da reunión, seguiría colgando da outra chapa, grazas á cadea que as une.

Asemade, evítase o sufrimento da corda polo exceso de torsión ó estar soportando a carga sobre o borde anguloso da chapa superior.

E outra avantaxe engadida é que ó tirar da corda para recuperala, evítanse os rizos que se producen cando a corda pasa por 2 puntos, e que nalgunhas ocasións facilitan que esta chegue a enredarse sobre si mesma e impedir que se consiga recuperar.

___________________________________________________________

Reparar temporalmente un pequeno furado na punteira do pé de gato -este truco NON FUNCIONA!-

O furado na punteira do gato.

O furado na punteira do gato.

Ó pouco de estrea-los meus pés de gato, apareceulle a un deles un par de minúsculos furadiños, nunha punteira que parecían unha picadura de araña. Aparentemente non tiñan importancia, pero dada a experiencia que anteriormente pasara Mundi con ese mesmo modelo de gato, eu sospeitei que sería o comezo dun problema -e non me equivoquei 😦

Facendo lascas da goma cocida usando papel de lixa.

Facendo lascas da goma cocida usando papel de lixa.

Co paso do tempo podía verse como moi pouco a pouco os minúsculos puntiños crecían ata unirse primeiro e converterse finalmente nun furado polo que xa era posible ve-lo fío dunha costura interior.

Facendo lascas da goma cocida usando un cúter.

Facendo lascas da goma cocida usando un cúter.

Como a suela aínda estaba pouco gastada non quería leva-lo gato todavía a reparar, así que ocurriúseme que podería porlle un pouco de cola de neopreno no furado e protexer así a costura e o interior do gato. A idea non parecía mala, e Nacho suxeríume que lle metese unhas lascas (virutas) de goma de tal xeito que a cola non estivese directamente pegada á tela interior, por se iso logo puidese ser un problema para recauchutalo.

As lascas da goma do gato.

As lascas da goma do gato.

Collín un gato máis vello do que aproveita-la goma do seu talón para obte-las lascas e primeiro tentei facelas limando con papel de lixa; pero as lascas misturábanse cos restos do material da propia lixa, así que optei por usar un cúter para ir cortando minúsculas tiras que logo desfacía coas mans para obter, agora si, as lascas ben limpiñas e libres de impurezas 🙂 Realmente non fan falta moitas, xa que só teñen que rechear de xeito moi superficial o furado, posto que a súa función só é a de evitar que a cola se adhira directamente á tela interior ou ás costuras do pé de gato. Logo a cola xa se ocupará de cubri-lo resto do oco por riba. No meu caso, cunhas poucas lasquiñas foi máis que de abondo e aínda tiven que presionar sobre elas para que non “emerxeran”.

As lascas de goma entaladas no furado.

As lascas de goma entaladas no furado.

A cola de neopreno recén aplicada.

A cola de neopreno recén aplicada

Aplanando a cola de neopreno cunha lámina de plástico.

Aplanando a cola de neopreno cunha lámina de plástico.

 

O seguinte paso foi metelas no furado e presionar co dedo para que se comprimisen un pouco e quedasen entaladas dentro ocupando todo o oco. Inmediatamente apliquei a cola de neopreno sobre o furado e logo aplaneina algo cunha pestana plástica calquera.

Non quedou moi estético, pero tiña boa pinta 🙂

O pé de gato coa ñapa rematada :-)

O pé de gato coa ñapa rematada 🙂

De novo o pé de gato co furado ó descuberto :-(

De novo o pé de gato co furado ó descuberto 😦

Sen embargo, ó día seguinte, na primeira vía en que o probei, a cola de neopreno non aguantou o roce budiñeiro e ó chegar ó chan xa tiña o meu furado novamente á vista 😦

Aínda podería tentar aplica-la cola de neopreno directamente no furado, para aumenta-la superficie de contacto que está fixa ó gato (ó fin e ó cabo, as lascas de goma non proporcionan fixación, xa que están suxeitadas pola propia cola), pero coido que o resultado sería similar: tal vez, o probe con outro gato máis vello se lle aparece un furado similar a este, pero ata entón, coido que este experimento pódese dar por fallido.

 

 

interesantes documentos en:
http://www.barrabes.com/revista/tecnica-y-practica/2-6582/tecnicas-descenso-rapel.html
http://www.cumbres2000.com/articulos/rapel.htm
http://www.etitudela.com/profesores/gcf/escalada%20y%20senderismo/downloads/tecnicaderapel.doc
http://www.mendiak.net/Portada/Escalada_Cursillo.php