Río Tambre (Noia, A Coruña)

Fotos da escola de escalada do Río Tambre (Noia, A Coruña)

Preto xa da desembocadura do río Tambre hai un par de zonas escola de escalada, moi próximas a unha da outra: Río Tambre e Pedra Serpal.

A escola do Río Tambre ten 2 sectores de orientación Norte, Refugio e Paredes de Agua, pero que debido á súa pouca inclinación están practicamente todo o día ó sol, sen embargo, o último e máis interesante sector, Bordillos, ten sombra polas tardes a partir das 14 h, o que permite escalar en verán, sempre e cando corra algo de aire xa que senón fai demasiado bochorno, pese á sombra. En inverno a choiva humedece todo demasiado para escalar, polo que a mellor época é no verán, escapando da calor, claro…

As mellores vías son as do sector Bordillos, que percorren un muro vertical de regletas, romos e algunhas fendas.

5 ou 6 coches poden estacionar nun ensanchamento da curva onde se divide a estrada: á esquerda xírase para baixar ata a subestación electrica de Tambre actualmente en funcionamento, e de fronte continúase ata o hotel Pesquería del Tambre e a fermosa estación eléctrica orixinal; hai máis sitio para aparcar no tramo que vai ata o hotel, pero ese espazo é para a súa clientela, así que habería que consumirlles algo… ;-D Por suposto pódese comer, tomar algo ou durmir no hotel e restaurante, que para iso estará, porque as alternativas supoñen ir a algún bar en Ponte Nafonso, ou xa máis lonxe, en Serra de Outes e Noia.

Con discreción, pódese durmir na furgo na propia curva do estacionamento, fóra da zona privada do Hotel, aínda que está algo inclinado, ou na pista que descende dende a devandita curva en sentido contrario ó hotel, aínda que tamén está inclinado e na que é habitual que faga rondas a Garda Civil, para asegurarse que non hai botellóns (ou saboteadores), dado que estamos a poucos metros da subestación hidroeléctrica.

Para coller auga, na aldea do Castro, de camiño, hai un lavadeiro onde enche-las botellas.

Información e croquis:

  1. Aínda non hai comentarios.
  1. No trackbacks yet.

Deixar un comentario