Arquivo
Archive for the ‘Bloque’ Category
1º Maratón de Bloque do Grupo de Montaña ALUD
2016 Decembro 2
Deixar un comentario
O Grupo de Montaña ALUD vai celebrar nas súas instalacións da Rua Chile, nº 19, o 1º Maratón de Bloque o vindeiro 17 de decembro -sábado- entre as 16:00h e as 20:30h.
É a primeira vez celebran unha proba deste tipo no seu local e invitan a toda a comunidade escaladora a participar nesta convocatoria, desexando que se lle dea a máxima difusión e animando a todo o mundo a inscribirse e difundila.
A inscrición para os/as socios/as é de 2€, e para o resto de 8€.
Pódese contactar con Grupo de Montaña ALUD para obter máis información ou aclarar calquera dúbida, a través do seu correo electrónico infoalud@gmail.com.
Tipo de proba: RONDA AMERICANA
- Horario:
- 15:00 Apertura
- 16:00 Inicio da Proba
- 19:30 Fin da proba – Pinchos
- 20:30 Entrega Trofeos-Sorteo
- Inscricións:
- Preinscrición obrigatoria vía e-mail en infoalud@gmail.com
- Prazo límite ata o xoves 15 de decembro
- Máximo: 50 participantes
- Cota socios/as: 2€ Non Socios/as: 8€ (é necesario estar federados)
- Máximo: 50 participantes
- Premios e agasallos:
- Premios para os 3 primeiros en categoría masculina e as 3 primeiras en categoría femininia
- Haberá un sorteo de agasallos ó finaliza-la proba
Categorías:Bloque, Difusión/Divulgación