Faro de Budiño (O Porriño)

Faro de Budiño (O Porriño)Para chegar dende Vigo, o normal é colle-la Autovía do Atlántico que dende Porriño vai cara a Tui e Portugal e saír na saída 18B cara a Salceda de Caselas. No caso de vir dende Ourense pola A52, ó chegar á altura de Porriño, continúase sen colle-las dúas saídas que dan acceso a esta localidade, para pasar á A55 seguindo as indicacións de cara a Tui e Portugal, e logo duns 4km por esta nova autovía sáese dela pola saída 18B cara a Salceda de Caselas.

Neste punto, tras abandoa-la autovía, inmediatamente hai que pasar por un par de rotondas, sempre seguindo as indicacións de cara a Salceda de Caselas, e xa estaríamos nunha recta que atravesa por unha zona de naves industriais das canteiras. Por esta estrada continúase uns 4km ata coller un desvío á dereita cara Budiño e Cerquido (hai un sinal que indica Budiño) e inmediatamente pásase unha ponte por riba da estrada pola que viñamos (novo sinal indicando Budiño), para no cruce seguir á dereita (outro sinal máis que indica Budiño) e nun tramo dun quilómetro, aproximadamente, ir deixando ata 3 bares no lado esquerdo da estrada (primeiro o Juventud, logo o Campinas e pouco despois un xa pechado e sen anunciar pero que ten diante un amplo aparcadoiro), e, uns 200m despois do último, cóllese un calexón costa arriba á esquerda (hai un sinal que indica Faro de Budiño). Dende este punto só hai que segui-los carteis da Comunidade de Montes que van sinalando en cada cruce cara onde está Faro de Budiño.Sinais indicadoras de Faro de Budiño.

O devandito calexón, xira un pouco á esquerda nunha 1ª curva, e inmediatamente divídese en dous (con outro un sinal que indica Faro de Budiño); cóllese polo desvío da dereita que baixa por unha curta costa de forte pendente que inmediatamente pasa a subir unha longa e fortísima pendente pola que, logo dun rato de seguir entre o bosque acada una golada onde se xunta con outra pista que ven do lado dereito; seguir de fronte ata o merendeiro ós pés do refuxio. -casi naaaa…-

A mellor época é o Outono e primavera, porque no verano non se atura coa calor, pero durante cáseque todo o inverno pódese escalar comodamente xa que en canto sae o sol a rocha seca en seguida e -se non sopra o vento- estase moi ben de temperatura.

A escalada é de pitóns, adherencia, moito equilibrio e cabeza. Tamén abondan as fendas, polas que predominantemente ascéndese en autoprotección.

Predominan os parabolts, aínda que algúns bastante distanciados, sobre todo a medida que se gaña altura.

A ruta que recomenda Google Maps en coche, vai polo Sur en vez de polo alto do Confurco, pero é que a Google fáltalle a pista de terra que sube por ese lado, así que a ruta que recomenda é unha pola que nunca fun… -habería que preguntarlle a Mundi porque seguro que el si que a fixo en bici-.

Sectores:

Principais sectores de escalada de Faro de Budiño

  •  Fisuras de Insuas
  •  Canteira de Insuas
Fotos de Faro de Budiño. Sector Canteira de Insuas

Fotos de Faro de Budiño. Sector Canteira de Insuas

  •  Carballeira

Croquis do sector Carballeira

Fotos de Faro de Budiño. Sector Carballeira

Fotos de Faro de Budiño. Sector Carballeira

  •  Placa de los 20

Croquis do sector Placa de los 20

Fotos de Faro de Budiño. Sector Placa de los 20

Fotos de Faro de Budiño. Sector Placa de los 20

  •  Casco

Croquis do sector Casco

Fotos de Faro de Budiño. Sector Casco

Fotos de Faro de Budiño. Sector Casco

  •  Refugio
Fotos de Faro de Budiño. Sector Refugio

Fotos de Faro de Budiño. Sector Refugio

  •  Pared escuela
  •  Placa da Valenciana
Fotos de Faro de Budiño. Sector Placa da Valenciana

Fotos de Faro de Budiño. Sector Placa da Valenciana

  •  Cabaretera

Croquis do sector Cabaretera

Fotos de Faro de Budiño. Sector Cabaretera

Fotos de Faro de Budiño. Sector Cabaretera

  •  Silla de la Reina

Croquis do sector Silla de la Reina

Fotos de Faro de Budiño. Sector Silla de la Reina

Fotos de Faro de Budiño. Sector Silla de la Reina

  •  Carra

Croquis do sector Carra

Fotos de Faro de Budiño. Sector Carra

Fotos de Faro de Budiño. Sector Carra

  •  Pinos

Croquis do sector Pinos

Fotos de Faro de Budiño. Sector Pinos

Fotos de Faro de Budiño. Sector Pinos

  •  Huerto

Croquis do sector Huerto 

Fotos de Faro de Budiño. Sector Huerto

Fotos de Faro de Budiño. Sector Huerto

  • Alfanje

Croquis do sector Alfanje

Fotos de Faro de Budiño. Sector Alfanje

Fotos de Faro de Budiño. Sector Alfanje

  •  Calavera

Croquis do sector Calavera e do 1º risco

Fotos de Faro de Budiño. Sector Calavera

Fotos de Faro de Budiño. Sector Calavera

  •  1º Risco
Fotos de Faro de Budiño. Sector Calavera, primeiro risco

Fotos de Faro de Budiño. Sector Calavera, primeiro risco

    •  Abruzzos

Croquis do sector Abruzzos

Fotos de Faro de Budiño. Sector Abruzzos

Fotos de Faro de Budiño. Sector Abruzzos

Para a identificación das vías partín da agotada guía Galicia Vertical, de Miguel Seoane e Javier Carreras e a información proporcionada no seu blogue polo Comité de Escalada de Faro de Budiño, pero sobre todo me merecen un especial agradecemento as enciclopédicas lembranzas de Amalia, Carducho e David, que tiveron a paciencia de responder unha e mil veces ás mesmas preguntas deste desmemoriado, así como o profundo coñecemento de tódolos recovecos destas paredes que Jose Juan comparte xenerosamente. Tampouco podo deixar de sen agradecer a Luis Arocas, Pichu Rodríguez, Nito e Ángel Álvarez, as informacións que me facilitaron.

Máis información e infinitamente mellor detallada sobre as vías de autoprotección de Faro de Budiño na baratísima (só 15€) guía “Escalada tradicional en Faro de Budiño”, de Jose Juan Domínguez; pedidos a jjbudinho@hotmail.com (tamén é posible obter croquis que non figuraban na 1ª edición desta guía no seu blogue: http://noroestetrad.blogspot.com.es/p/resenas.html).