Lugares próximos
Preto de Vigo hai varios lugares nos que practicar tanto a escalada deportiva como a clásica:
Ata o 2020, xa pasaran vintetrés anos da publicación da Galicia Vertical de Miguel Seoane e Javier Carreras, a gran obra que foi a referencia da escalada en Galicia durante todo este tempo, pero a aparición de novas escolas, sectores e vías por toda Galicia, facían necesaria unha nova publicación, que ese ano viu da man de Alfonso Louro Fuentes e Gustavo Vázquez Fariña, autores da nova obra: Rocha Nai, Guía de escalada de Galicia.
Desta volta a guía ven repartida en 2 volumes que se venden xuntos: Norte (A Coruña e Lugo) e Sur (Ourense e Pontevedra).
Contabiliza 42 áreas de escalada e 2.800 vías entre deportiva e autoprotección, xunto coa información necesaria para a súa localización e outros datos de interese; pódese adquirir na web: https://rochanai.wordpress.com/
Uns anos antes, no 2014, Jose Juan Domínguez López publicou unha guía moi detallada sobre as vías de autoprotección de Faro de Budiño, Escalada tradicional en Faro de Budiño; que é unha obra imprescindible para quen guste da escalada de autoprotección e queira practicala na maior escola de Galicia deste estilo; pódese pedir directamente a jjbudinho@hotmail.com (tamén é posible obter croquis que non figuraban na 1ª edición desta guía no seu blogue: http://noroestetrad.blogspot.com.es/p/resenas.html
- Monte Galiñeiro (Gondomar, Pontevedra)
- Faro de Budiño (O Porriño, Pontevedra)
- San Cibrán / A Picoña (Salceda de Caselas, Pontevedra)
- Hío (Cangas, Pontevedra)
- Monteferro (Nigrán, Pontevedra)
- Segade (Caldas de Reis, Pontevedra)
- Verdugo (Ponte Caldelas, Pontevedra)
- Oia (Oia, Pontevedra,)
- O Canón do Sil (Os Peares, Ourense)
- Río Tambre (Noia, A Coruña)
- A Peneda (Portugal)
- Penedo do Garabullo (Carballedo, Lugo)
- Cabo Prior e Lobadiz (Ferrol, A Coruña)
- Punta Nariga (Malpica, A Coruña)
- Sorrizo – Xermaña (Arteixo, A Coruña)
Guías e croquis de escalada en Galicia:
Rocha Nai, Guía de escalada de Galicia.

Escalada tradicional en Faro de Budiño.
