San Cibrán (Guláns, Ponteareas, Pontevedra) – A Picoña (Salceda de Caselas, Pontevedra)

San Cibrán (Guláns, Ponteareas)Moi preto de Faro de Budiño atópase esta outra pequena escola na que unha vez agotadas as posibilidades de apertura de vías polas fendas dos seus grandes “bolos”, e exprimidas as súas esquinas, a tendencia foi a de realizar tallaxes para completar ou incluso crear novas liñas por placas de pequenas regretas e pitóns, fundamentalmente por riba do 6c.

Maioritariamente orientado a un sol que quenta excesivamente as súas placas, é mellor escapar del e achegarse pola tardiña a escalar.

Un segundo sector (ou incluso pode considerarse unha zona independente), bastante separado do orixinal, foi aberto posteriormente con máis dunha ducia de vías completamente talladas, e que é coñecido como San Cibrán II ou A Picoña II; nel, “Oso” e “Lechón”, descubriron un bolo con calexón á sombra, na que esculpiron varias longas e duras liñas deportivas.

Situado nos límites dos concellos de Ponteareas e Salceda de Caselas, e en consoancia coa nosa riqueza topónima, a escola identifícase con dous nomes: o do lugar no que se atopa (A Picoña), ou o da súa próxima ermida (San Cibrán).

Aínda que, para escapar do calor, a mellor época é o Outono e a primavera, durante o inverno tamén pódese escalar en canto o sol seca a súa rocha.

Información e croquis:

  • Na Guía de Escalada de Galicia Rocha Nai: https://rochanai.wordpress.com/
  • Na agotada guía Galicia Vertical editada por Javier Carreras e Miguel Seoane, faltan as novas vías de San Cibrán, e non hai nada da Picoña II (de aquela aínda non existía este sector).